Equipo Senior

O Esteo F.S. viaxa maña sábado ata Vigo para medirse ao I.E.S. Coruxo F.S.

​Nova final para os de As Pontes na antepenúltima xornada da tempada na 2ª División B

Os ponteses, desprazaranse ata a cidade olívica para disputar o encontro correspondente a vixésimo oitava xornada da presente tempada, ante o I.E.S. Coruxo F.S. e programado para ás cinco da tarde no Pavillón Polideportivo do Berbés.

Logo de voltar á senda da vitoria a pasada xornada diante da súa afección, os de As Pontes, tentaran sumar tres novos puntos que os acerquen ao obxetivo da permancia na categoría de bronce do Futbol Sala español unha tempada mais.

Os olívicos cun plantel moi amplo, equilibrado e competitivo está formado polo bloque de xogadores de tempadas anteriores, ao que apenas fixeron incorporacións. Chegan a este encontro situados na novena posición da táboa clasificatoria e coa permanencia prácticamente asegurada, mentres o conxunto pontés segue metido na loita por evitar o descenso á Terceira División. Esperase un encontro moi intenso e competido no que ámbolos dous conxuntos buscaran facerse coa vitora, que no caso dos ponteses tornase vital para acadar o obxetivo da permanencia.

O equipo pontés, consciente do que se está xogando neste tramo final da tempada, deberá afrontar este encontro como se dunha final se tratase, xa que necesita seguir puntuando de tres en tres para seguir dependendo de sí mesmo. Para iso os xogadores saben que terán que ser moi intensos a tódolos niveis. Deberán manter a concentración dende o primeiro ao derradeiro minuto do encontro e aproveitar ao máximo as ocasións que se lles presenten para lograr unha nova vitoria.

CATEGORIAS BASE

Comezan as competicións de copa para os equipos de base

O vindeiro Domingo, só tres categorías disputaran os seus respectivos encontros. Onde os Benxamíns A, desprazaranse ata a localidade pontevedresa de Baiona para disputar a eliminatoria de cuartos de final do Campionato Galego, se logran pasar de rolda xogaran pola tarde as semifinais. Mentras que os Alevíns B e os Infantís B disputaran no Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga en As Pontes os oitavos de final de Copa da 1ª Autonómica. O horario dos encontros é o seguinte:

· PAVILLÓN MUNICIPAL DE BAIONA (PONTEVEDRA)

- CUARTOS DE FINAL DO CAMPIONATO GALEGO

- Ás 12:20 h. O ESTEO F.S. BENXAMIN “A” – A.D. CODIMA AUSUM

· PAVILLÓN POLIDEPORTIVO MUNICIPAL DE A FRAGA (AS PONTES)

- OITAVOS DE FINAL DA COPA DA 1ª AUTONÓMICA FERROL DE FUTBOL SALA

- 19:00 h. O ESTEO F.S. “B” – C.D. A SOLAINA

- 20:00 h. O ESTEO F.S. INFANTIL “B” – DECORFENE C.M.I. UNIDADE DE FENE F.S.

O Esteo F.S. viaxa maña sábado ata Vigo para medirse ao I.E.S. Coruxo F.S.

Imaxe do encontro da xornada pasada ante o Sala Ourense