Os ponteses viaxan na procura de tres puntos importantes
O conxunto pontés afronta maña sábado un novo e compricado compromiso ligueiro coa necesidade de reaccionar e volver á senda positiva. Visitarán ao Deporcyl Guardo F.S. no encontro correspondente á vixésimo quinta xornada da Segunda División B, que se disputará a partir das seis do serán no Pavillón Municipal de Guardo (Palencia).
O equipo de As Pontes chega a esta cita tras encadear catro derrotas consecutivas, unha dinámica negativa que tratará de romper nunha pista sempre esixente. Os ponteses buscarán recuperar sensacións e sumar tres puntos que lles permitan gañar confianza antes de afrontar o tramo decisivo da tempada.
Pola súa banda, o Deporcyl Guardo F.S. preséntase como un rival compricado, especialmente cando actúa diante da súa afección, uns siareros que animan ao seu equipo sen parar durante todo o encontro. Iso engadido ao factor cancha son unhas das armas que o conxunto palentino tentará aproveitar para sumar unha vitoria que lle permita seguir engadindo puntos na clasificación e alonxarse un pouco mais dos postos de descenso.
O adestrador dos ponteses, Iván López, sinalaba na previa do encontro que o equipo está con gañas de cambiar a dinámica “Somos conscientes de que non estamos no noso mellor momento polos resultados das últimas semanas, pero a semana de adestramentos foi moi boa, no sentido de que os xogadores están comprometidos e seguen traballando ben para conseguir esa vitoria o antes posible e sair así desta dinámica na que nos encontramos”.
Ademais de destacar a dificultade do rival e da pista, o técnico pontés destacou tamen o longo desprazamento que vai realizar o equipo “Esperanos un viaxe compricado e longo que creo que nos pode mermar un pouco á hora de competir o partido”. Continuaba comentando que “O Guardo é un equipo moi intenso e na súa casa sempre é compricado que se está a xogar o descenso e necesita gañar pero nos tamen necesitamos gañar para engancharnos outra vez as posibilidades de disputar o playoof de ascenso que sería algo fermoso tanto para o clube como para nos”.
Por último expresaba que “Teremos que facer un partido moi serio, estar concentrados durante os corenta minutos, competir mellor nos momentos chave do partido minimizando os erros que sempre nos acaban penalizando e aproveitar as nosas ocasións se queremos traer algo positivo”.
No encontro da primeira volta disputado no Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga logo dunha primeira metade sen goles, os ponteses que chegaron a ir perdendo 0-2 e 1-3 conseguían empatar a tres a falta de poucos segundos para o remate dun emocionante choque.
CATEGORÍAS BASE
Nova fin de semana con só catro encontros dos equipos de base e todos eles, ao igual que o equipo da Segunda B, disputaran os seus partidos na xornada de maña sábado. Mentras que o equipo filial tense que desprazar ata a cidade de A Coruña os outros tres equipos xogaran como locais no Pavillón Monte Caxado. Os alevíns da Primeira Futgal e os Benxamíns non teñen competición. A continuación expoñense os horarios e os lugares de xogo.
Sábado 14 de Marzo
- Pavillón Municipal do Ventorrillo (A Coruña)
Xornada 21 Primeira Futgal Senior
Ás 16:00 h. A.D. SILVA ARBOCO – O ESTEO F.S. “B”
- Pavillón Monte Caxado (As Pontes)
Xornada 10 Primeira Futgal
Ás 16:30 h. O ESTEO F.S. – NARÓN FUTSAL “B”
Xornada 24 Preferente Futgal
Ás 17:30 h. O ESTEO F.S. INFANTIL – ADC LUGO SALA ACASTI REFORMAS
Ás 19:00 h. O ESTEO F.S. ALEVÍN “A” – ADC LUGO SALA ACASTI REFORMAS
Artigos relacionados
PATROCINADORES













