Equipo Senior

Boa vitoria de O Esteo no derbi comarcal ante o Café Candelas O Parrulo B

Os de As Pontes comezaron a segunda volta da competición cunha boa vitoria no derbi comarcal

Despois do empate acadado a pasada xornada ante o poderoso equipo palentino do Deporcyl Guardo F.S., os de As Pontes volveron xogar o pasado sábado no Pavillón do CEIP Monte Caxado onde derrotaron ao filial do Parrulo Ferrol por sete goles a catro nun encontro correspondente á décimo sexta xornada e primeira da segunda volta da competición.

O encontro comezaba con ambolos dous equipos presionando a saía de balón do rival, pero no minuto tres unha perda de balón en ataque dos ponteses provocou un contragolpe dos ferroláns que non perdoaban e adiantábanse no marcador (0-1), cun forte disparo dende o borde da área.

Unha vez máis, o conxunto local recibía un gol nos minutos iniciais do encontro, pero esta vez non tardaron en reaccionar xa que apenas transcorrera un minuto cando unha perda de balón por parte dos ferroláns, froito da presión exercida por parte dos ponteses, foi aproveitada por Jandro que facía unha parede con Cokito para empatar o partido cun remate no segundo pau (1-1).

Os dous equipos seguían realizado unha presión alta buscando aproveitar un erro do rival para adiantarse no marcador, pero sería nunha xogada de estratexía a balón parado a que lle serviría aos ferroláns para volver adiantarse no marcador (1-2) no minuto seis.

No minuto dez, os ferroláns aumentarían distancias grazas a un forte disparo exterior pegadiño ao pau dereito que Xeito non logrou despexar a pesar de tentalo (1-3). Os de As Pontes non perderon a cara ao encontro e continuaban igual, desenvolvendo o seu xogo de presión por toda a pista, tendo claras ocasións para recortar diferenzas pero non sería ata o minuto dezaoito cando Cokito recibiu o balón nun lateral da área, xirou sobre si mesmo e de forte disparo coa perna esquerda bateu ao porteiro visitante, colocando así un esperanzador (2-3). Resultado co que se chegaría ao descanso a pesar de que o conxunto pontés dipuxo dunha superioridade numérica na pista, cando o gardameta ferrolán foi expulsado por despexar coa man un balón fóra da área, e un lanzamento dende os dez metros. que os ponteses non lograrían aproveitar.

O inicio do segundo período foi unha do inicio do primeiro, cos dous equipos presionando por toda a pista, pero esta vez no minuto catro da reanudación serían os visitantes os que verian de novo porta ao aproveitar un mal control dun xogador pontés ao borde da área, para volver a ampliar distancias có (2-4). Tan só un minuto despois, Jhony recuperaba un balón no centro da pista e facía parede con Jandro, que deixaba o balón en boa posición para Jhony que, tras gañarlle as costas a un defensor ferrolán, fusilaba ao porteiro polo pau curto, anotando así o (3-4).

O encontro continuaba sen dono, cos dous equipos buscando insistentemente o gol, pero non sería ata o minuto trinta e dous cando os ponteses igualarían o marcador (4-4), despois de ter varias ocasións para facelo, sería Héctor que dende o frontal e libre marca enviaba o balón ao fondo da portería aproveitando un bo pase de Jandro dende a banda.

Así se entraba no tramo final do encontro cos dous equipos buscando o gol que os puxera por diante no marcador, sería entón cando un envío de Xeito á área contraria provocou unha indecisión do porteiro visitante e Cokito moi atento aproveitaba para mandar o balón ao fondo da rede (5-4), adiantando por primeira vez ao conxunto pontés no encontro.

O técnico do Café Candelas O Parrulo B tomou a arriscada decisión do xogo de cinco, pero practicamente na primeira xogada de ataque perderon o balón nuha banda. Ocasión que Jandro aproveitaba para sacar rápido, evitando así o cambio do porteiro, para Jhony só tivera que empuxar o balón para poñelo (6-4).

Os ferroláns continuaron co xogo desesperado de cinco e Héctor tivo o sétimo nas súas botas para os ponteses pero o seu disparo a portería baleira batía na cepa do pau dereito cando todo o público cantaba o gol. Pouco a pouco íase achegando o final do encontro e aínda quedaba un gol máis provocado por Xeito que sacaba o balón en longo ata o borde da área visitante onde contou coa axuda dun xogador ferrolán que peiteou o balón cara a súa propia porta e este acababa introducindose nela deixando o marcador final nun (7-4).

Con este resultado, os de As Pontes comezan a segunda volta da competición, subindo unha posición na táboa clasificatoria, sendo undécimos con 20 puntos e aumentando distancias coa zona de descenso. Para a vindeira xornada, O Esteo visitará o campo dun rival directo como é o C.D. Unión Arroyo nun partido crucial para ámbolos dous clubes.

FICHA TÉCNICA

O Esteo F.S.: Xeito, Eloy, Cokito, Héctor e Jhony; tamen xogaron Jandro, Adrián, Guillan e Troncho.

Café Candelas O Parrulo “B”: Gabeiras, Alex Naveira, Alonso, Miguel Caeiro e Noel ; tamen xogaron Borja, Yago, Dani, Aarón, Pansi e Mathias.

Árbitros: Oliver Cardero Rodríguez, Pablo Enrique Guntín Garrido xunto a Roberto Pena Porta como árbitro asistente (Comité galego). Amosaron cartón amarelo aos xogadores de O Esteo Héctor, Cokito e Adrián. Por parte do Café Candelas O Parrulo B amosaron cartón amarelo a Miguel Caeiro, Noel e expulsaron ao portero Gabeiras.

Goles: 0-1 Aarón min. 3; 1-1 Jandro min. 4; 1-2 Mathias min. 6; 1-3 Dani min. 10; 2-3 Cokito min 18; 2-4 Miguel Caeiro min. 24; 3-4 Jhony min. 25; 4-4 Héctor min. 32; 5-4 Cokito min. 37; 6-4 Jhony min. 38; 7-4 Xeito min. 39.

Boa vitoria de O Esteo no derbi comarcal ante o Café Candelas O Parrulo B

​Imaxe do encontro | Xose Ferreiro