Equipo Senior

Dúas boas vitorias para O Esteo en menos dunha semana

Os de As pontes contabilizan tres xornadas sen coñecer a derrota

CLUB RIBEIRA F.S. – O ESTEO F.S.

Fixo unha semana, este pasado sábado que os ponteses viaxaban á cidade de Lugo para disputar o encontro, correspondente á duodécima xornada da tempada en Segunda División B, ante un descoñecido Ribeira ao que derrotaron por 2 goles a 5.

Partido con moitas alternativas de xogo e ocasións en ambas as portas, pero na primeira metade o marcador non se movería do inicial (0-0), quedando todo por decidir para o segundo período.

Á volta dos vestiarios, os locais subían timidamente as súas liñas de presión pero Xeito, que debutaba na portería pontesa, metía un balón en longo para Adrián que o recepcionaba cun control orientado ao borde da área dende onde fisulaba ao porteiro local para poñer o (0-1) no marcador, cando apenas transcurrira un minuto deste segundo período. O gol provocou unha tímida reacción dos locais que tentaron empatar rapidamente o encontro, pero os do As Pontes, ben posicionados en defensa, contrarrestaban xerando saídas á contra. Continuaba o conxunto local asediando a meta pontesa sen moito acerto nos metros finais.

Sería o conxunto de As Pontes o que aumentaría a distancia no electrónico na metade deste segundo período cando, tras un saque de esquina, un forte disparo de Héctor foi desviado por Adrián cun toque sutil, sorprendendo ao porteiro local que non puido evitar o (0-2) subira ao electrónico.

Non tardaría en reaccionar o conxunto local sacando ao porteiro xogador ao 40x20 para ter máis posesión do balón e intentar reducir a distancia, pero apenas dous minutos despois, no minuto 32, nun rápido contragolpe Cokito gañou o liña de fondo poñendo o balón á área que Jandro libre de marca enviou ao fondo da rede colocando así (0-3) no marcador.

O técnico local viuse obrigado a pedir tempo morto para reestruturar o seu equipo mentres observaba como se lle escapaba o encontro, este seguía arriscando co xogo de cinco pero sen crear demasiado perigo sobre a portería pontesa, ata que no minuto trinta e seis Jandro interceptou un pase en defensa e fixose un oco para disparar a portería baleira e puxo o (0-4).

Tan só un minuto despois, cando os xogadores do Ribeira saían ao ataque desesperados, Troncho interceptou o balón a media pista e marcaba a porta baleira (0-5) co que os ponteses reafirmaron a superioridade mostrada durante todo o encontro.

Nos minutos finais os de As Pontes baixaron o ritmo e a intensidade, ocasión que aproveitaron os locais para maquillar o resultado con dous goles para deixalo marcador final nun (2-5).

FICHA TÉCNICA

Club Ribeira F.S.: Areñas, Quintela, Villa, Pablo Díaz e Christian; tamen xogaron Carlos, Cisko, Jordan, Ruben, Jocel e Illi.

O Esteo F.S.: Xeito, Cokito, Héctor, Troncho e Jandro; tamen xogaron, Adrián, Eloy e Jhony.

Árbitros: Pablo Coello Martínez, Iría De Luís Iglesia xunto a Nerea de Luís Iglesia como árbitro asistente (comité galego). Amosaron cartón amarelo ao xogador local Quintela e por parte de O Esteo a Jandro e Jhony.

Goles: 0-1 Adrián min. 21; 0-2 Adrián min. 30; 0-3 Jandro min. 32; 0-4 Jandro min. 36; 0-5 Troncho min. 37; 1-5 Jordan min. 38, 2-5 Illi min. 39.


O ESTEO F.S. – C.D. ALBENSE F.S.

Esteo e o Albense adiantaron, de común acordo, á tarde do xoves o encontro correspondente á décimo terceira xornada de Segunda División B, onde os de As Pontes acadaron unha importante vitoria das que crean afección, mantendo a emoción ata o último minuto do encontro, logrando derrotar a un correoso C.D. Albense por 6 goles a 5 nun final de infarto.

O choque comezou con moita intensidade por parte dos dous equipos onde o primeiro en achegarse perigosamente á portería rival sería o conxunto visitante con remates desde fóra da área que fixeron empregarse a fondo ao porteiro local, Xeito.

Os locais serían os primeiros en adiantarse no marcador despois de que Adrián aproveitase un rexeite do porteiro dentro da área para enviar o balón ao fondo da rede visitante (1-0) no minuto sete. Pero a alegría dos ponteses non duraría moito porque tan só un minuto despois os salamantinos empatarían o encontro cun remate dun dos seus xogadores só no segundo pau (1-1).

O encontro continuaba moi aberto, sen un claro dominador, con ocasións constantes en ambas as porterías ata o minuto trece deste primeiro período cando un forte disparo de Héctor dende fóra da área contou coa axuda do porteiro visitante que desviou o balón colándose pola escadra da súa propia meta adiantando así no marcador aos de As Pontes (2-1). Froito deste segundo gol, os salamantinos subirián as súas liñas de presión para tentar aproveitar calquera erro dos ponteses e nivelar de novo a contenda, pero sería nunha acción a balón parado cando chegaría a recompensa. Un saque de banda, a falta de catro minutos para o final deste primeiro período, bateu contra a barreira pontesa e desafortunadamente rematou en gol (2-2).

A partir de aquí e ata o final do primeiro período, os dous equipos buscaron unha vez máis desequilibrar a balanza ao seu favor, pero as imprecisións nos últimos metros privaron de que adiantaran no marcador, polo que có (2-2) ambos equipos foronse aos vestiarios.

Na segunda metade os xogadores do Esteo saíron a por todas, conscientes do que se xogaban e antes de rematar o primeiro minuto Jandro volveu adiantar aos ponteses ao rematar só no segundo pau un excelente pase de tacón de Cokito (3-2). Apenas un minuto despois Troncho puxo máis terra polo medio tras un lanzamento de falta executado por Cokito que ameazou cun tiro directo, pero este pasou o balón a Troncho e este soltou a súa marca para facer o 4-2 para o As Pontes.

O encontro continuou a un ritmo frenético por parte dos visitantes que intentaron recortar diferenzas no marcador e lograron o seu obxetivo, no minuto 5 deste segundo período, cun forte disparo dende fóra da área onde o balón petou no poste (4-3).

O conxunto visitante seguiu asediando a portería local na procura de volver igualar o encontro mentres os do As Pontes tentaban facer dano á contra, pero sería pola banda cando chegaba o (5-3), obra de Jhony que apoiaba en Cokito para chegar á carreira e cruzar o balón lonxe do dominio do porteiro visitante no minuto vinte e nove.

O asedio constante por parte do equipo visitante fíxose máis intenso por momentos, pero as imprecisións nos metros finais e a gran defensa dos ponteses impediron que recortasen diferenzas no electrónico. Isto obrigou ao técnico visitante a solicitar un tempo morto para reestruturar o seu equipo e preparar o xogo de 5x4 que, aínda que non o usou de inmediato, pronto o faría ao ver que todo ía igual.

Entrabase asi nos últimos cinco minutos do encontro co conxunto salamantino, arriscando co xogo de cinco e así conseguiron empatar de novo a contenda a falta dun minuto para o final (5-5). Pero no último minuto Cokito fíxose co control do balón na súa área e cruzou toda a pista e coa inestimable axuda dun xogador visitante que lle saiu ao seu paso, o balón volveu aos pés de Cokito que non perdoou o (6-5), para deleite de todo o público.

Esta acción foi moi protestada por todo o equipo visitante, ao entender que na xogada anterior un xogador do Pontés levara o balón coa man, pero os árbitros non o consideraron así e o gol subiu ao marcador.

Aínda houbo tempo para que os salamantinos asustaran aos ponteses estrelando un balón no longueiro da portería defendida por Xeito e na última xogada do encontro o equipo visitante cometeu a sexta falta dándolle a O Esteo a opción dun tiro dende os dez metros que lanzaría Xeito a pesar das protestas dos rivais pero o marcador non se movería e o (6-5) sería definitivo.

Con estes dous resultados e o empate ante A Estrada, os de As Pontes abandonan a zona perigosa da clasificación, sendo undécimos con 16 puntos antes de visitar o C.D. Juventud del Círculo.

FICHA TÉCNICA

O Esteo F.S.: Xeito, Cokito, Héctor, Troncho e Jandro; tamen xogaron Jhony, Adrián e Eloy.

Piensos Durán Albense F.S.: Miguel, Jorge, Barbero, Jesús e Martín; tamen xogaron Rober, Moreiro, Marcos, Sergio Sánchez e Carlos.

Árbitros: Ander Orbegozo Cantón, Andrés Pinilla Boullosa xunto a Vanesa Covelo Vilariño como árbitro asistente (comité galego). Amosaron cartón amarelo ao xogador local Troncho e expulsaron cartón vermello directo a Adrian. Por porte do equipo visitante amosaron cartón amarelo a Sergio Sánchez, Rober, Barbero e expulsaron con dobre cartón amarelo a Miguel.

Goles: 1-0 Adrián min.7; 1-1 Sergio Sánchez min. 8; 2-1 Héctor min. 13; 2-2 Troncho (Propia Puerta) min. 16; 3-2 Jandro min. 21; 4-2 Troncho min. 22, 4-3 Jorge min. 25; 5-3 Jhony min. 29; 5-4 Barbero min. 36; 5-5 Barbero min. 38; 6-5 Cokito min. 39.

Dúas boas vitorias para O Esteo en menos dunha semana

​Imaxe do encontro ante o Piensos Duran Albense | Cortesía de Xose Ferreiro