Os de As Pontes tentaran sumar algo positivo nunha cancha compricada
O Esteo F.S. enfrontarase ao recen ascendido e líder do campeonato, Stellae F.S. Valga, no encontro correspondente a cuarta xornada de liga, na Segunda División B, programado para maña sábado ás seis e media da tarde, no Pavillón Municipal de Valga (Pontevedra).
Logo da vitoria do pasado sábado, os ponteses, viaxaran coa intención de tentar acadar un resultado positivo, nunha cancha, que polo visto ata o de agora, será moi compricada para os equipos visitantes nesta tempada.
O Stellae F.S. Valga, é un conxunto rexuvenecido por completo, con respeto á pasada tempada, con xogadores que a pesar da súa xuventude, contan con amplia experiencia na categoría e en categorías superiores. Un equipo moi competitivo que está a sorprender a propios e extranos neste inicio de campionato.
A modo de anécdota, ai que tirar de arquivo para ver o único enfrontamento entre o Stellae e O Esteo. O cal tivo lugar na tempada a 2016-2017 onde, na fase previa da Copa Deputación de A Coruña, os ponteses lograban a vitoria.
CATEGORÍAS BASE
OS ALEVÍNS E INTANTÍS, RECIBEN A VISITA DO STELLAE F.S. NA MAÑA DO DOMINGO.
O domingo pola maña, os nosos Alevíns e Infantís, esfrontaranse como locais, ao Stellae F.S. Os encontros correspondentes á cuarta Xornada da Liga Galega Grupo 1, disputaranse no Pavillón Polideportivo Municipal de As Pontes.
Os Alevíns, xogaran as ás 11:00 h. mentras que os Infantis farano as 12:30 h.
Dende o clube facemos un chamamento á afeción, para que acuda ao Pavillón pontés a apoiar aos seus equipos e aportar ese ánimo extra aos mesmos.

Imaxe do encontro da pasada xornada | Xose Ferreiro