Equipo Senior

O Esteo buscará maña tres puntos vitais diante da súa afección

Os de As Pontes saben que non deben pinchar neste partido

Maña domingo, os de As Pontes, necesitados de puntos, recibirán ás doce e media no Pavillón do CEIP Monte Caxado ao Inversia Seguros A Estrada Futsal, nun encontro correspondente á undécima xornada de liga na Segunda División B.

Os ponteses, que chegan a este encontro tras ser derrotados nas tres últimas xornadas, buscarán revertir a situación cunha vitoria que lles permita saír dos postos máis baixos da táboa e intentar aproveitar os enfrontamentos directos entre equipos que os preceden nunha clasificación moi igualada na zona media-baixa, onde hai seis equipos separados por tan só un punto de diferenza, de aí a importancia deste encontro para os intereses dos ponteses. Pero non o terán nada fácil ante o conxunto estradense que chega a este encontro nunha dinámica positiva de tres xornadas sen coñecer a derrota e que de seguro quererá seguir o domingo.

O Inversia Seguros A Estrada Futsal está a realizar un primeiro terzo de tempada máis que aceptable, ocupando o décimo posto da clasificación con 13 puntos, só catro mais que os ponteses que son décimo cuartos con 9, de aí que o partido do domingo sexa relativamente importante para os intereses dos ambos equipos, polo que se espera un partido moi disputado e igualado de principio a fin.

Os estradenses formados por xogadores con ampla experiencia na categoría e en categorías superiores xunto con xogadores novos fan que sexa un rival difícil de bater, saben aproveitar moi ben os erros do rival, son moi perigosos nas xogadas de estratexía a balón parado e tamén ao contragolpe.

Os xogadores do Esteo saben que para contrarrestar todo isto terán que afrontar o encontro, dende o principio, moi intensos e concentrados a nivel defensivo para evitar ir a contracorrente no marcador dende os primeiros minutos de xogo, omo atacante onde terán que recuperar a capacidade goleadora perdida a pasada xornada en Vigo, para tentar sumar tres puntos importantes.

Para a disputa deste encontro, os de As Pontes convocaron a todos os seus xogadores, aínda sabendo que algúns deles teñen problemas físicos dende fai varias xornadas, ainda así agardan que a maioria sexa da partida.

Dende o clube fan un chamamento á afección para que encha as pequenas gradas do Pavillón do CEIP Monte Caxado para animar ao equipo nesta delicada situación.

CATEGORIAS BASE

Nova xornada para os equipos de base de O Esteo onde todos disputaran os seus encontros a domicilio na tarde do Domingo, destacando o derbi local da categoría Alevín na Primera Autonómica entre Lago DVSport e O Esteo F.S. “B”.

O Esteo buscará maña tres puntos vitais diante da súa afección

Imaxe do encontro da pasada tempada disputado entre os dous equipos en As Somozas | Arquivo O Esteo F.S.