Equipo Senior

O Esteo quere seguir puntuando na súa visita ao Ribeira

​Os de As Pontes intentaran facer bon o punto conseguido ante o Inversia Seguros A Estrada Futsal a pasada xornada

Mañá sábado O Esteo F.S. viaxará a Lugo para enfrontarse ao Club Ribeira F.S. nun partido correspondente á duodécima xornada da tempada na Segunda División B e previsto para as cinco menos cuarto da tarde no Pavillón Municipal de Lugo.

Os de As Pontes tentarán facer valer o punto obtido a pasada xornada ante o Inversia Seguros A Estrada Futsal e seguir sumando nunha tempada na que a igualdade e a competitividade entre todos os equipos é máxima. Pola súa banda, os lucenses chegan a este encontro despois de ser derrotados na súa visita ao C.D. Segosala polo que tentará volver á senda da vitoria para continuar na zona media da taboa.

Esta tempada os dous equipos están separados por cinco puntos, sendo os lucenses novenos con 15 e os ponteses décimo terceiros con 10, polo que se espera un partido moi igualado de principio a fin, entre dous equipos que buscan o mesmo obxectivo, que non é outro que, sacar os tres puntos para, no caso do As Pontes, tentar abandonar canto antes esas perigosas posicións.

Os lucenses conseguiron reter a maioría dos xogadores de tempadas anteriores polo que se coñecen á perfección, que unido ás poucas incorporacións que realizaron esta tempada e se a iso lle sumamos que contan con dous dos mellores porteiros da categoría. , fai deles un equipo moi competitivo a todos os niveis, polo que os ponteses saben que terán que afrontar o encontro con moita intensidade e concentración tanto defensiva como ofensiva desde o inicio do partido, presionando a saída do balón, sen deixar pensar aos xogadores contrarios para tentar aproveitar os seus erros e finalizar tódalas xogadas de ataque para evitar os contraataques letais do rival, ademais de ter coidado coas xogadas estratéxicas a balón parado.

Os de As Pontés convocaron a todos os seus xogadores sabendo que varios deles veñen arrastrando lesións de xornadas anteriores, pero aínda así esperan recuperar algúns efectivos para a disputa deste importante partido.

CATEGORIAS BASE

Continúa a competición para os equipos de base na Liga Autonómica coa disputa da sexta xornada, onde os Infantís e Xuvenís disputarán os seus respectivos encontros como locais no Pavillón do CEIP A Magdalena (As Pontes), mentras o resto de equipos faráno como visitantes en Narón e Ferrol. A Liga Galega Alevín no seu grupo Norte tómase unha fin de semana de descanso.

O Esteo quere seguir puntuando na súa visita ao Ribeira

​Imaxe do encontro da pasada xornada | Arquivo O Esteo F.S.