Equipo Senior

O Esteo recibe hoxe xoves ao Piensos Durán Albense

​Os de As Pontes non queren deixar escapar mais puntos do seu feudo

Os ponteses recibirán mañá xoves a visita do Piensos Duran Albense F.S., nun encontro adiantado á décimo terceira e penúltima xornada do ano na 2a División B e programado para as cinco da tarde no Pavillón do CEIP Monte Caxado de As Pontes.

Os de As Pontes enfrontaranse a un equipo que chega a este encontro situado na sexta posición provisional do campionato con vinte puntos, a maioría conseguidos no seu feudo aínda que esta tempada, a diferenza da anterior, xa lograron a vitoria en campos como o do Ribeira. ou o Leis Pontevedra, pero aínda así, lonxe da casa, está a ter problemas á hora de sacar os partidos adiante. Precisamente os de Alba de Tormes veñen de vencer a pasada xornada ao Segosala por 4 goles a 2, actuando como locais, polo que quererán seguir sumando de tres en tres para manterse na zona media-alta da táboa clasificatoria. Non o terán nada doado ante O Esteo que busca continuar cos resultados positivos das dúas últimas xornadas (un empate e unha vitoria) ante A Estrada e Ribeira respectivamente e onde experimentaron unha lixeira melloría a todos os niveis a pesar das numerosas baixas que esta a ter últimamente á hora de afrontar os partidos.

O Piensos Duran Albense F.S. conseguiu reter gran parte dos xogadores das pasadas tempadas, na súa maioría xovenes moi intensos tanto a nivel defensivo como ofensivo que non dan un balón por perdido durante todo o encontro. Nas súas filas tamén contan con xogadores experimentados na categoría, esta mestura fainos letais ao contragolpe e executan moi ben xogadas estratéxicas a balón parado ademais de contar con dous bos porteiros, o que obrigará aos ponteses a non perder a concentración ningún momento do partido ante un equipo que busca continuamente o erro do rival para facer dano e que, como os do As Pontes, loitará pola vitoria dende o minuto un.

Os xogadores do Esteo queren facer do pavillón do CEIP Monte Caxado unha fortin, do que xa se escaparon demasiados puntos, e para iso saben que terán que facer un encontro moi intenso tanto en ataque como en defensa onde seguen tendo algún que outro problema, tratando de non deixar pensar aos rivais e aproveitar as xogadas de ataque para tentar sumar tres puntos importantes para intentar seguir escalando postos na clasificación.

Nun principio e salvo sorpresa de última hora, os de As Pontes seguen sen poder contar con Juan, Guillan e Alberto, os tres por lesión.

O Esteo recibe hoxe xoves ao Piensos Durán Albense

​Imaxe do encuentro da pasada xornada | Ribeira F.S.