Equipo Senior

O Esteo visita maña a cancha do IES Coruxo

​Os de As Pontes tentaran cambiar a súa dinámica neste encontro

Mañá sábado os de As Pontes desprazaranse ata Vigo para enfrontarse ao I.E.S. Coruxo F.S. nun partido correspondente á décima xornada desta tempada na Segunda División B e previsto para as catro e media da tarde no Pavillón Central das Travesas da cidade olívica.

Os de As Pontes, tras colleitar dúas derrotas consecutivas na casa, buscarán endereitar o rumbo ante o I.E.S. Coruxo, un conxunto moi rochoso e físico que non vai poñer as cousas fáciles aos ponteses. Os vigueses chegan a este encontro na sexta posición tras acumular tres xornadas consecutivas sen coñecer derrota, polo que tamén buscarán unha vitoria que lles permita seguir nas posicións medias-altas da táboa.

O I.E.S. Coruxo F.S., que logrou reter boa parte do bloque de xogadores que conseguiron a permanencia na categoría sen demasiados problemas a pasada tempada, conta cun plantel moi amplo, equilibrado e competitivo que loita por cada balón ata o último segundo do partido. Sen ter grandes nomes entre os seus xogadores, cómpre destacar a calidade dos seus pivotes, o que fai pensar que boa parte do seu xogo pasará por esa posición.

Os ponnteses coa necesidade de puntuar neste encontro saben que terán que ser moi intensos en defensa onde esta tempada están a ter moitos problemas, non en balde son o equipo con máis goles da categoría, polo que teñen que saír ao partido concentrados dende o primeiro minuto. Sen perder a dita concentración en ningún momento, non deixar pensar aos rivais e seguir estando acertandos en ataque coma ata o de agora se queren facerse cos tres puntos.

Espérase un partido intenso e emocionante entre os dous conxuntos que buscarán facerse cos tres puntos desde o inicio do choque.

Para a disputa deste encontro, e a falta do derradeiro adestramento de hoxe, os de As Pontes esperan contar con todos os seus xogadores xa que varios deles arrastran problemas físicos.

CATEGORIAS BASE

Esta vindeira fin de semana tódolos equipos da base do club disputarán os seus respectivos encontros na casa, no Pavillón do CEIP Monte Caxado, a partir de mañá sábado ás seis da tarde co partido correspondente á décima xornada do Grupo Norte da Liga Galega Alevín que se enfrontará O Esteo F.S. e o Clube Polideportivo de Casás. Quedando para o domingo pola tarde a disputa do resto de partidos correspondentes á cuarta xornada da 1ª Autonómica, comezando ás catro da tarde cos Prebenxamíns e rematando pasadas as sete e media cos xuvenís.

O Esteo visita maña a cancha do IES Coruxo

​Imaxe de Archivo | O Esteo F.S.