Equipo Senior

O Esteo renderá visita este sábado aos líderes do Lugo Sala

​Os ponteses tentaran puntuar diante do intratable líder

Os de As Pontes desprazaranse ata a cidade de Lugo, para disputar o encontro da vixésimo cuarta xornada de liga, diante da ADC Lugo Sala, lider do Grupo 1 da Segunda División B, programado para o sábabo, ás oito do seran no Pavillón Municipal dos Deportes da cidade amurallada.

Os ponteses, afrontan un compricado compromiso, coa intención de prolongar a boa xeira de resultados das útimas tres xornadas. A pesar da boa dinámica, son conscientes de que teran que dar o máximo de si mesmos, durante os corenta minutos do encontro e aumentar o seu nivel, diante dun equipo moi competitvo que aproveita moi ben os momentos de baixón do rival para facer dano.

O conxunto lucence, que a pasada xornada asegurou a súa presenza nas eliminatorias de playoff ascenso a Segunda División, aspira agora a revalidar o título de liga colleitado a pasada tempada, polo que será un duro rival de cara a loitar polos tres puntos en xogo.

Os xogadores de O Esteo non descartan dar a sorpresa e conseguir algo positivo neste encontro, o que suporía unha gran inxección de moral para afrontar o derradeiro tramo da competición.

CATEGORÍAS BASE

DOMINGO DÍA 17, CON 7 ENCONTROS PARA A ESCOLA DE BASE O ESTEO F.S.

Os equipos da nosa base disputaran os seus respectivos encontros na xornda do Domingo día 17. A maioría farao como visitantes agás o equipo Benxamín B que o fará como local. Tamen cabe destacar o derbi local entre os equipos Benxamín A do Lago DVSport e O Esteo F.S. Os lugares e horarios son os seguintes:

Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga (As Pontes)

* 9ª XORNADA SEGUNDA FASE LIGA 1ª AUTONÓMICA FERROL FUTBOL SALA

- Ás 11:30 h. O ESTEO F.S. BENXAMÍN “B” – CIDADE DE NARÓN “B”

* 8ª XORNADA SEGUNDA FASE LIGA 1ª AUTONÓMICA FERROL FUTBOL SALA

- Ás 17:30 h. 11TEAMSPORT LAGO DVSPORT “A” – O ESTEO F.S. BENXAMIN “A”

Pavillón Casa do Deporte (Ferrol)

* 8ª XORNADA SEGUNDA FASE LIGA 1ª AUTONÓMICA FERROL FUTBOL SALA

- Ás 19:00 h. A.D.C. e R. SANTA MARIÑA PICA&PICA 24 H “B” – O ESTEO F.S. ALEVÍN “B”

Pavillón Municipal A Casqueira (Pontedeume)

* 3ª XORNADA DA COPA DA 1ª AUTONÓMICA FERROL FUTBOL SALA

- Ás 18:00 h. F.S. PONTEDEUME – O ESTEO F.S. XUVENIL

* 8ª XORNADA SEGUNDA FASE LIGA 1ª AUTONÓMICA FERROL FUTBOL SALA

- Ás 19:15 h. PERMUY F.S. PONTEDEUME – O ESTEO F.S. INFANTIL “B”

Pavillón Municipal de Fontiñas (Santiago)

* 23ª XORNADA LIGA GALEGA FUTBOL SALA

- Ás 16:15 h. ALTO DO VENTO F.S. - FINK ORFEBRES – O ESTEO F.S. INFANTIL “A”

- Ás 17:45 h. ALTO DO VENTO F.S - EIMA CAFÉ & COPAS – O ESTEO F.S. ALEVÍN “A”

O Esteo renderá visita este sábado aos líderes do Lugo Sala

Costi ante o Café Candelas O Parrulo F.S. “B” | Xose Ferreiro