Equipo Senior

O Esteo F.S. recibe este sábado ao Sala Ourense, na primeira das catro finais que ten por diante

Novamente os ponteses puxeron en marcha a campaña ti es @ 6

Os de As Pontes, recibiran maña sábado, ao sempre compricado Sala Ourense, nun encontro correspondente á vixémo sétima xornada na Segunda División B, programado para ás cinco e media da tarde no Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga (As Pontes). A falta de catro xornadas para a finalización da tempada, O Esteo afronta a primeira das suas finais para acadar o obxetivo da permanencia.

Pese aos traspés colleitados nos últimos encontros, os ponteses seguen a depender de si mesmos para acadar a permanencia na categoría de bronce do Futbol Sala estatal. Para lograr dito obxetivo deberán de afrontar as catro xornadas que faltan para o remate da competición como verdadeiras finais comezando polo encontro deste sábado. O equipo, sabedor da importancia deste encontro, tratará de dar o mellor de si mesmo para tentar sumar os tres puntos e darlle así unha alegría á súa afección.

O Sala Ourense, con pé e medio na terceira división, chega a este encontro sen nada que perder o que fai que sexa un rival moito mais perigoso do que xa é. Polo que os xogadores de O Esteo, que non deberán fiarse da posición que ocupan os ourensans na clasificación, saben que terán que xogar con gran intensidade en defensa, marcando de preto aos seus opoñentes o que lles esixirá saltar á pista pontesa moi concentrados dende o minuto un de encontro. Tentado de aproveitar tódalas ocasións das que dispoñan para tratar de facerse coa vitoria diante dun equipo ourensán formado na súa maioría por xogadores moi experimentados na categoría que levan xogando xuntos moitas tempadas.

O clube volveu a poñer en marcha a campaña TI ES @ 6, nas suas redes sociais para facer un chamamento á afección e que esta acuda ao Municipal pontés a apoiar e aportar ese ánimo extra a o equipo neste importante encontro sabendo que a entrada será de balde.

CATEGORIAS BASE

Esta fin de semana só tres equipos da Base teñen competición. Os Infantis e Alevíns de Liga Galega comezan a súa andaina

na Copa Galicia onde os Alevíns están exentos da fase previa. O resto de equipos disputaran os seus respectivos encontros o domingo día 21 pola maña como locais.

Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga (As Pontes)

14º XORNADA SEGUNDA FASE LIGA 1ª AUTONÓMICA FERROL FUTBOL SALA

- Ás 11:30 h. O ESTEO F.S. BENXAMÍN “B” – EL CLAVEL 2.0-O PARRULO “C”

7ª XORNADA COPA DA 1ª AUTONÓMICA FERROL FUTBOL SALA

- Ás 12:30 h. O ESTEO F.S. XUVENIL – CARANZA FUTBOL SALA

Pavillón Polideportivo Municipal San Francisco Javier (A Coruña)

DEZASEISAVOS DE FINAL DA COPA GALICIA DA LIGA GALEGA INFANTIL

- Ás 17:00 h. GALICIA GAITEIRA – O ESTEO F.S. INFANTIL

FASE PREVIA DA COPA GALICIA DA LIGA GALEGA ALEVÍN

- O ESTEO F.S. ALEVÍN “A” – DESCANSA

O Esteo F.S. recibe este sábado ao Sala Ourense, na primeira das catro finais que ten por diante

​Cartaz do encontro | Manusahe