Os de As Pontes acumulan tres xornadas consecutivas sen coñecer a derrota
O pasado sábado O Esteo desprazabase ata a cidade castelan-leonesa de Valladolid para disputar un importante encontro, correspondente á vixésimo quinta xornada de liga ante o C.D. Universidade de Valladolid e que remataría con vitoria pontesa por 1 gol a 5.
O encontro daba comezo cos dous equipos intentando achegarse á portería contraria sabendo o moito que se xogaban, polo que antes de cumprirse o primeiro minuto de xogo xa probaron sorte ambos conuxuntos con senllos disparos lonxanos.
O conxunto pontés quería deixar claro dende o principio que non ia de paseo a Valladolid e comezaba a asexar a portería local con insistencia ata que no minuto catro Jandro só no segundo pao enviaba ao fondo da rede o balón, tras un pase de Cokito dende dentro da área, adiantando así aos ponteses no marcador (0-1).
Tan só dous minutos mais tarde os de As Pontes aumentarían distancias no electrónico ao aproveitar Héctor un pase de Jhony, para disparar a porta e o rexeite dun defensor facía que o balón volvera aos pés do propio Héctor, e este non perdoa na segunda oportunidade regateando a un xogador e a propio porteiro para enviar o balón ao fondo da rede (0-2).
Continuaría o encontro có conxunto local intentando poñer tolo o choque para tentar recurtar distancias no electrónico, pero a falta de acerto nos metros finais unido á boa defensa e a actuación do gardameta pontés Xeito, facían que os arreóns dos vallisoletanos apenas crearan perigo. Mentras que os de As Pontes ben posicionados en defensa tamen tentaban facer dano á contra.
No minuto catorce desta primeira metade Jandro aproveitaba un pase entre liñas de Cokito para de forte disparo fusilar ao porterio local e aumentar a renda no marcador ao (0-3), resultado có que se chegaría ao tempo de lecer pese a quedar case seis minutos por diante. O conxunto local intentaría recotar diferenzas pero unha vez mais as continuas imprecisións nos metros finais e o bo facer de Xeito xunto á defensa pontesa o marcador xa non sufriría cambios nesta primeira metade.
Tra-lo paso polos vestiarios os dous conxuntos saltaban á pista buscando o gol polo que nos primeiros minutos as ocasións sucedianse en ambas porterías, pero o acerto cara a elas era mais ben escas,o ata que os de As Pontes se fixeron fugazmente có control do encontro, xa que o conxunto local continuaba volcándose en ataque en busca do gol e tanto vai o cántaro a fonte que mediado este segundo periodo conseguiría a ansiada recompensa, tras una xogada colectiva rematada no segundo pao para poñer no marcador o (1-3).
Os xogadores de O Esteo non estaban dispostos a deixarse sorprender polo rival como en tempadas anteriores e pouco a pouco ianse facendo có control do partido, tendo varias oportunidades á contra para sentencialo ao seu favor, ata que Jandro remataría a gol un balón, desta vez a pase dende a liña de fondo de Jhony, volvendo así a poner as cousas no seu sitio có (1-4) no minuto trinta e catro de xogo.
Este cuarto gol caía como un xarro de auga fría sobre os locais que tardaban dous minutos en reaccionar para xogar de cinco, tendo unha boa ocasión de gol cun disparo a boca xarro que facía lucirse a Xeito, que foi un verdadeiro pesadelo para os xogadores locais durante todo o encontro.
Ainda quedaba tempo para un gol mais (1-5) obra Jandro que esprintaba gañandolle a partida a dous xogadores contrarios para enviar a gol o balón tras un rexeite froito da presión exercida por Troncho sobre un xogador rival. E o propio Jandro tería outra boa oportunidade para facer o quinto gol na súa conta particular, pero o disparo á reviravolta cá portería vacía saía desviado polo lateral a poucos segundos para o final do encontro.
Con este resultado o equipo pontés afastase tres puntos dos postos de descenso pero mantense na duodécima posición da clasificación debido a que os equipos que os preceden lograron tamen a vitoria. Para o vindeiro sábado os ponteses disputaran outra final ante o IES Coruxo F.S. no que será a estrea do renovado Polideportivo Municipal de A Fraga.
FICHA TÉCNICA
C.D. Universidad de Valladolid: Rubén, David, Álvaro, Paniagua e Javi Sanz; tamen xogaron Clemente, Mario, Armand, Antonio e David Vázquez.
O Esteo F.S.: Xeito, Cokito, Héctor, Jhony e Jandro; tamen xogaron Troncho e Eloy.
Árbitros: Ander Garrido Cordón, Borja Regura Prieto xunto a Elena Sánchez Manuel como árbitro asistente (comité vasco). Amosaron cartón amarelo aos xogadores Jhony, Cokito, Héctor e Troncho.
Goles: 0-1 Jandro min. 4; 0-2 Héctor min. 6; 0-3 Jandro min. 14; 1-3 Mario min. 30; 1-4 Jandro min. 34; 1-5 Jandro min. 39.

Imaxe de Arquivo | O Esteo F.S.