Os de As Pontes buscan rematar a tempada da mellor maneira posible
Mañá sábado O Esteo F.S. desprazarase ata a localidade palentina de Guardo para disputar ás seis da tarde, no Pavillón Municipal de dita localidade, o encontro correspondente á trixésima e derradeira xornada da tempada 2022/2023 ante o Deporcyl Guardo F.S.
Os de As Pontes rematarán esta segunda volta da competición ante o segundo clasificado, un Deporcyl Guardo que, con 60 puntos, xa ten asegurado o factor pista ao seu favor na primeira eliminatoria de ascenso a Segunda División que disputará ante o terceiro clasificado, aínda por determinar, xa que Unionistas de Salamanca e Café Candelas O Parrulo B están empatados a 55 puntos, polo que terán que esperar ao desenrolo da xornada para poder coñecer ao rival.
Pola súa banda, os ponteses, coa salvación xa asegurada grazas á vitoria acadada a pasada xornada por 4 goles a 1 ante o conxunto burgalés do C.D. Juventud del Círculo, tamén buscarán os tres puntos para tentar escalar algunha posición na clasificación tras unha tempada chea de contratempos dende a primeira xornada.
O cadro palentino chega ao encontro deste sábado despois de dúas xornadas sen coñecer a vitoria tras empatar na casa ante o Grupo Format Vilalba e verse derrotado por goleada, contra todo prognóstico, a pasada xornada ante o pecha cancelas da competición, o equipo segoviano do CD. Segosala, polo que buscarán rematar a liga e encarar a primeira eliminatoria da fase de ascenso a Segunda División cun bo sabor de boca diante a súa afección. Mentres os ponteses, que acumulan tres partidos sen coñecer a derrota, queren seguir coa boa dinámica de resultados e rematar a tempada da mellor maneira posible.
O Deporcyl Guardo, formado na súa maioría por xogadores moi experimentados na categoría, destaca por ser un equipo moi intenso e competitivo a todos os niveis, non dando un balón perdido durante os corenta minutos de partido e máis aínda no seu feudo onde se fan mais fortes, o que unido á presión que exerce o público asistente fai que sexa un dos pistas máis complicadas do campionato.
Para contrarrestar todo isto, os ponteses saben que terán que realizar un partido case perfecto a nivel defensivo sen perder a concentración en ningún momento para non deixar pensar aos seus rivais e evitar así os seus letais contraataques, ter coidado coas súas perigosas xogadas de estratexia a balón parado e coas súas individualidades. A nivel ofensivo, os do As Pontes deberán finalizar tódalas xogadas de ataque, se queren conseguir algo positivo neste último partido da tempada.
No encontro da primeira volta disputado no Pabellón do CEIP Monte Caxado pontés, o resultado sería de empate a sete goles, onde a falta de tres minutos para o final, o marcador reflexaba un 5-7 a favor de o cadro de Palencia, pero un arreón final dos ponteses fixo que ambos equipos se repartisen os puntos.
Para a disputa deste encontro, Ayalita e Paulo seguen sendo baixa por lesión, pero os ponteses recuperan ao seu máximo goleador, Jandro, tras cumprir un partido de sanción e aínda así non descartan convocar a xogadores do xuvenil para completar a convocatoria.
CATEGORÍAS BASE
Alevíns, Xuvenís, e Infantís disputaran este fin de semana as eliminatorias de copa nas súas respectivas categorías. O equipo Alevín tras proclamarse campíon
do Grupo Norte da Liga Galega e caer derrotado nas semifinais do Campionato Galego, disputará maña sábado ás catro da tarde a eliminatoria de oitavos de
final da Copa Galicia ante o Transricard Distrito Ventorrillo F.S. no Pavillón Municipal do Ventorrillo (A Coruña).
Mentras o domingo será a quenda para os Xuvenís que ás sete da tarde no Pavillón Campo da Serra (Narón) disputará a semifinal de Copa da 1ª Autonómica ante o Narón Futsal e á mesma hora pero no Pavillón Polideportivo Municipal de As Pontes o equipo Infantil, tras proclamarse campión de liga e lograr o ascenso á Liga Galega, tamen disputará a semifinal de Copa da 1ª Autonómica ante o C.D. A Solaina.

Imaxe do encontro da pasada xornada ante o C.D. Juventud del Círculo | Arquivo O Esteo F.S.