Equipo Senior

O Esteo afronta o seu encontro mais importante da tempada

​Os de As Pontes necesitan os puntos en xogo diante da súa afección

O Esteo afrontará hoxe sábado o partido máis importante da tempada ata o momento, xa que recibe ao último clasificado, o C.D. Segosala Segobus nun encontro previsto para as cinco da tarde no Pavillón do CEIP Monte Caxado de As Pontes.

Despois de tres derrotas consecutivas, os de As Pontes buscarán endereitar o rumbo ante os segovianos sabedores de que terán que facer un partido moi completo tanto a nivel defensivo como ofensivo para sacar un resultado positivo deste encontro.

O conxunto segoviano chega a este encontro situado na última posición da táboa clasificatoria con doce puntos, nove menos que os ponteses que son décimos segundos con vinteún a tan só dous dos postos de descenso a terceira división, polo que o partido deste sábado é de máxima importancia para o futuro de ambos os clubes e máis aínda cando nesta xornada hai enfrontamentos directos entre equipos da zona baixa da táboa.

O Segosala Segobus conseguiu manter á maioría dos xogadores da pasada tempada, xogadores novos que, mesturados con xogadores experimentados, fan que sexa un equipo moi intenso e competitivo a todos os niveis, rápido nos repliegues e letal na contra.

Os ponteses, que non deben fiarse da posición que ocupa o rival, saben que para contrarrestar todo isto terán que aplicarse a fondo, sobre todo en defensa onde esta tempada están a ter moitos problemas, a maioría por falta de concentración. Non deben deixar pensar aos seus adversarios, ademais de estar moi concentrados, sobre todo en situacións estratéxicas a balón parado, minimizando os erros na medida do posible e rematando todas as xogadas de ataque para evitar contragolpes segovianos, se queren sumar os tres puntos e evitar problemas máis maiores.

Nun principio e salvo contratempo de última hora, os do As Pontes teñen a única baixa de Ayalita, que se perde este partido por lesión.

Dende o clube fan un chamamento a afección para que acuda a presenciar e animar ao equipo neste importante encontro.

CATEGORIAS BASE

Esta fin de semana tódalas categorías base de O Esteo disputarán os seus respectivos encontros como locais no Pavillón do CEIP Monte Caxado de As Pontes, agás o equipo Alevín da Liga Galega que o fará no Pavillón de As Somozas.

O Esteo afronta o seu encontro mais importante da tempada

​Imaxe de Arquivo | O Esteo F.S.