Equipo Senior

O Esteo F.S. visita este sábado ao Unionistas de Salamanca F.S.

​Os ponteses tentaran facerse cós tres puntos para achegarse ao obxetivo da salvación

Os de As Pontes viaxan maña sábado ata a Cidade de Salamanca para disputar o encontro correspondente á vixésimo sexta xornada de liga na Segunda División B diante do Unionistas de Salamanca F.S. programado para as sete da tarde no Pavillón La Alamedilla de dita cidade.

Penúltimo desprazamento longo da tempada para os ponteses que tentaran esquecerse da derrota sufrida a pasada xornada, no derbi de cercanías ante o Grupo Forma-t Vilalba F.S., dando a sorpresa neste encontro e conseguir así tres puntos vitais para afrontar a recta final do campionato con garantías de conseguir o obxetivo da permanencia.

O conxunto salmantino chega a este encontro situado no quinto posto da clasificación e con serias opcións de entrar nos postos de playoff de ascenso, logo de golear aos seus veciños e predecesores na clasificación o Piensos Duran Albense, polo que tamen buscaran a vitoria para manter ditas opcións de entrar nos postos de privilexo.

O Unionistas que conseguiu reter ao bloque de xogadores da pasada tempada e xunto a algún reforzo forman un conxunto, moi intenso, experimentado e competitivo na categoría. Isto obrigará aos xogadores ponteses a estar concentrados dende o inicio do encontro, senon queren verse cedo por debaixo no marcador e evitar ter que xogar a remolque o resto do encontro.

Faltan cinco xornadas para o remate da liga, cinco finais nas que o equipo pontés depende de si mesmo para continuar a vindeira tempada na categoría de bronce do Futbol Sala estatal e disto son sabedores os xogadores que de seguro daran o mellor de si mesmos, en cada encontro que resta, para acadar o obxetivo da salvación.

CATEGORÍAS BASE

Tan só tres equipos da base disputaran esta fin de semana os seus respectivos encontros, todos eles a domicilio e o equipo xuvenil cumpre coa súa xornada de descanso na copa. A continuación os lugares e horarios dos encontros:

Sábado día 13

Pavillón Barrio das Flores (A Coruña)

26ª XORNADA LIGA GALEGA FUTBOL SALA

- Ás 18:00 h. A.J. POMBO HÉRCULES “A” – O ESTEO F.S. ALEVÍN “A”

Domingo día 14

Pavillón Barrio das Flores (A Coruña)

26ª XORNADA LIGA GALEGA FUTBOL SALA

- Ás 16:00 h. A.J. POMBO HÉRCULES F.S. “A” – O ESTEO F.S. INFANTIL “A”

Pavillón do Complexo Polideportivo Municipal de A Gándara (Narón)

13ª XORNADA SEGUNDA FASE LIGA 1ª AUTONÓMICA FERROL FUTBOL SALA

- Ás 16:00 h. NARÓN FUTSAL – O ESTEO F.S. BENXAMÍN “B”

6ª XORNADA COPA DA 1ª AUTONÓMICA FERROL FUTBOL SALA

O ESTEO F.S. XUVENIL – DESCANSA

O Esteo F.S. visita este sábado ao Unionistas de Salamanca F.S.

​Imaxe do encontro da pasada xornada | Mundito Carballo