Equipo Senior

O ESTEO F.S. ESTREASE COMO LOCAL ESTA TEMPADA RECIBINDO Á S.D. XOVE F.S. MAÑA SÁBADO ÁS 18:00 H.

Os de As Pontes tentaran sumar os seus primeiros puntos da tempada

Maña sábado, ás seis da tarde, O Esteo recibe a visita da S.D. Xove F.S. no Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga, encontro correspondente a segunda xornada, da Segunda División B, na que será a estrea do conxunto Pontés como local.

Logo da derrota sufrida o pasado domingo na xornada inaugural do campeonato, os ponteses, queren sumar os seus tres primeiros puntos diante dos seus siareiros.

Nesta xornada visita As Pontes a S.D. Xove, que conta no seu plantel con xogadores cunha amplia experiencia na categoría e en categorías superiores o que o fai ser un dos posibles candidatos ao título de liga. O conxunto mariñan, logrou formar un grupo de xogadores moi competitivos, de grandes individualidades e salvagardado pola que probablemente sexa a mellor dupla de porteiros da categoría.

Os enfrontamentos entre ponteses e mariñans, soen ser moi competidos e igualados, de principio a fin, decidindose nos minutos finais. Proba delo son os dous últimos encontros disputados entre ámbolos dous conxuntos, na tempada da pandemia, onde se repartiron as vitorias pola escasa diferenza dun gol. No encontro disputado en As Pontes, os locais conseguían a victoria por (4-3), e os da mariña facían o mesmo en Xove onde vencían por (5-4).

CATEGORÍAS BASE

OS ALEVÍNS E INTANTÍS ESTREANSE COMO LOCAIS NA LIGA GALEGA, ANTE A ADC LUGO SALA NA MAÑA DO DOMINGO.

O domingo pola maña os nosos Alevíns e Infantís tamen se estrearan como locais, no Pavillón Polideportivo Municipal pontés, recibindo á ADC Lugo Sala Acasti Reformas nos encontros correspondentes á Segunda Xornada do Grupo 1 na Liga Galega. Os Alevíns, farano ás 11:00 h. mentras que ás 12:30 h. será o turno dos infantís.

Dende o clube facemos un chamamento á afeción, para que acuda ao Pavillón pontés a apoiar ao seus equipos nos encontros e aportar ese ánimo extra aos mesmos.

Tódolas persoas que queiran facerse socias do clube, poderan facelo na mesma entrada do Pavillón, antes do comezo do encontro de maña sábado.

O Esteo F.S. estrease como local esta tempada recibindo á S.D. Xove F.S. maña sábado ás 18:00 h.

Imaxe do derradeiro encontro disputado no Pavillón pontés entre os dous conxuntos | Arquivo O Esteo F.S.