Equipo Senior

O Esteo F.S. recibe maña sábado ao Caja Rural Atlético Benavente

​Os pontentes buscaran un triunfo que lle dea confianza para afrontar vindeiros compromisos

Este sábado, O Esteo F.S. enfrontase ao Caja Rural Atlético Benavente F.S. no encontro correspondente á séptima xornada da Segunda División B programado para ás 17:30 h. no Pavillón Municipal de As Pontes.

Tralo parón da liga, da pasada fin de semana, os ponteses, retoman a competición ante un equipo, chamado a estar nos postos altos da clasificación ao final da presente tempada. Pese a que os benaventanos, vironse obrigrados a facer moitos trocos no seu plantel, debido ao descenso de categoria, conforman un conxunto de xogadores con amplia experiencia na categoría, en categorías superiores e incluso no extranxeiro.

O Esteo, tentará de darlle a volta á situación pola que está a atravesar, tras tres derrotas consecutivas. Loitarán por un triunfo, que lles sirva para afrontar os vindeiros compromisos ligueiros con mais confianza.

Dende o clube facemos un chamamento á afección, para que acuda ao Pavillón pontés a apoiar ao seu equipo e aportar ese ánimo extra ao mesmo neste importante encontro.

Tódalas persoas que queiran facerse socias do clube, poden facelo na mesma entrada do pavillón, antes do comezo do encontro.

CATEGORÍAS BASE

DOMINGO REPLETO DE PARTIDOS PARA A ESCOLA DE BASE O ESTEO F.S.

O domingo día 5, a nosa base ao completo, tamen disputará os seus respectivos encontros no Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga en As Pontes. Un total de sete encontros, que arrincaran pola mañá, coa oitava xornada da Liga Galega e continuará pola tarde coa terceira xornda da 1ª Autonómica Ferrol cós seguintes horarios:

- Ás 11:00 h. O ESTEO F.S. ALEVÍN “A” vs CAFETERÍA MONTERREY O PARRULO “A”

- Ás 12:30 h. O ESTEO F.S. INFANTIL “A” vs O PARRULO “A”

- Ás 16:00 h. O ESTEO F.S. XUVENIL vs CARANZA F.S. PELUQUERÍA VICTOR

- Ás 17:10 h. O ESTEO F.S. BENXAMIN “A” vs S.D.R. e C. NARON O FREIXO “A”

- Ás 18:05 h. O ESTEO F.S. BENXAMIN “B” vs CARANZA F.S.

- Ás 19:00 h. O ESTEO F.S. ALEVIN “B” vs A.D.C.R. SANTA MARIÑA PICA&PICA 24 H. “B”

- Ás 19:55 h. O ESTEO INFANTL“B” vs CARANZA F.S. PELUQUERIA FORAJIDOS “B”

Dende o clube facemos un chamamento á afección, para que se achegue ao Pavillón pontés a apoiar aos seus equipos nos respectivos encontros e aportar ese ánimo extra aos mesmos.

O Esteo F.S. recibe maña sábado ao Caja Rural Atlético Benavente

​Imaxe de Arquivo | O Esteo F.S.