Equipo Senior

O Esteo F.S. visitará maña sábado ao Caja Rural Atlético Benavente

Os de As Pontes enfrontaranse a un compricado rival

Os ponteses desprazaranse ata a localidade zamorana de Benavente para disputar, maña sábado, ás sete da tarde, o encontro correspondente á vixémo segunda xornada de liga na Segunda División B no Pavillón Municipal La Rosaleda de dita localidade.

Nesta xornada, O Esteo, visita a un Caja Rural Atlético Benavente, situado nos postos medios da clasificación. Mentras que o conxunto de pontés segue, metido de cheo, na loita por evitar o descenso.

Os benaventanos, conforman un conxunto de xogadores con amplia experiencia na categoría, en categorías superiores e incluso no extranxeiro, que tentaran volver á senda do triunfo diante da súa afección logo da derrota que sufriron a pasada xornada en Alba de Tormes.

Os xogadores de O Esteo, que saben da dificultade do rival, buscaran darlle continuidade á vitoria acadada a pasada xornada, polo teran que empregarse ao cen por cen en cada acción de xogo sen perder a concentración en ningún intre do mesmo, se queren sacar algo positivo deste encontro.

Ambos equipos tetaran facerse cos tres puntos para tentar acercarse aos seus obxetivos polo que se espera un encontro moi competido de principio a fin, a pesar da diferenza existente na clasificación.


CATEGORÍAS BASE

Nova fin de semana para os equipos de base de O Esteo onde todos eles disputaran os seus respectivos encontros como visitantes nos seguintes lugares e horarios:

Sábado día 2

· 6ª XORNADA SEGUNDA FASE LIGA 1ª AUTONÓMICA FERROL FUTBOL SALA

PAVILLÓN POLIDEPORTIVO O RAMO (FENE)

- Ás 18:30 h. CAFETERÍA BOMBAY C.M.I. UNIDADE DE FENE F.S. vs O ESTEO F.S. BENXAMIÍN “A”

Domingo día 3

· 6ª XORNADA SEGUNDA FASE LIGA 1ª AUTONÓMICA FERROL FUTBOL SALA

PAVILLÓN CAMPO DA SERRA (NARÓN)

- Ás 11:00 h. CIDADE DE NARÓN vs O ESTEO F.S. INFANTIL “B”

PAVILLÓN MUNICIPAL A XUNQUEIRA (FENE)

- Ás 0 h. SOS MAQUINARIA C.M.I. UNIDADE DE FENE F.S. vs O ESTEO ALEVÍN “B

· 7ª XORNADA SEGUNDA FASE LIGA 1ª AUTONÓMICA FERROL FUTBOL SALA

PAVILLÓN DO ENSANCHE (FERROL)

- Ás 12:00 h. EL CLAVEL 2.0 O PARRULO “C” vs O ESTEO F.S. BENXAMIN “B”

· 21ª XORNADA LIGA GALEGA

PAVILLÓN MUNICIPAL DE A MALATA (FERROL)

- Ás 16:00 h. PRINK O PARRULO “A” vs O ESTEO INFANTIL “A”

- Ás 17:30 h. CAFETERÍA MONTERREY O PARRULO “A” vs O ESTEO ALEVÍN “A”

1ª XORNADA DA COPA DA 1ª AUTONÓMICA FERROL FUTBOL SALA

PAVILLÓN CAMPO DA SERRA (NARÓN)

- 19:00 h. CIDADE DE NARÓN vs O ESTEO XUVENIL

O Esteo F.S. visitará maña sábado ao Caja Rural Atlético Benavente

​Imaxe do encontro da pasada xornada | Cortesía de Xose Ferreiro