Equipo Senior

O Esteo F.S. volve xogar como visitante ante o Inversia Seguros A Estrada Futsal

Os ponteses enfrontaranse a un rival direto pola permanencia

O Esteo F.S. desprazarase maña, sábado, ata a localidade pontevedresa de A Estrada para disputar, ás 17:30 horas o encontro correspondente á 18ª xornada, ante un rival direto, como o Inversia Seguros A Estrada Futsal.

Segundo encontro consecutivo da tempada para os ponteses como visitantes, esta vez ante un conxunto, o estradense, situado catro puntos por riba deles, polo que o encontro cobra vital importancia para os intereses de ambos conxuntos.

Os xogadores que dirixe Nino García, saben o que se xogan neste choque, polo que tentaran voltar á senda do triunfo, dando continuidade á melloría no xogo que veñen amosando dende que comezou o ano, a pesar da derrota sufrida o pasado sábado na súa visita a Xove.

Os ponteses non deberán perder a concentración en ningún intre do encontró, para tentar de buscar a vitoria e acercarse na clasificación ao seu rival, que mestura xogadores cunha amplia experiencia na categoría con xogadores xovenes de gran proxección.

CATEGORÍAS BASE

Tódolos encontros disputaránse na xornada do Domingo día 4 de Febreiro onde destaca o derbi local da categoría benxamín na 1ª Autonómica Ferrol entre os conxuntos “A” de O Esteo e Lago DVSport. Os lugares e horarios son os seguintes:

* 3ª XORNADA SEGUNDA FASE LIGA 1ª AUTONÓMICA FERROL FUTBOL SALA

Pavillón Polideportivo Municipal de As Pontes

- Ás 10:30 h. O ESTEO F.S. INFANTIL “B” - PERMUY F.S. PONTEDEUME

- Ás 11:25 h. O ESTEO F.S. ALEVIN “B” - A.D.C.R. SANTA MARIÑA/PICA&PICA 24H. “B”

- Ás 12:20 h. O ESTEO F.S. BENXAMÍN “A” - 11TEAMSPORTS LAGO DVSPORT “A”

- O ESTEO F.S. BENXAMÍN “B” - DESCANSA

* 17ª XORNADA LIGA GALEGA FUTBOL SALA

Pavillón Polideportivo Municipal Grupo Escolar (Padrón)

- Ás 18:00 h. STELLAE F.S. ALUCOHOGAR ALUMINIOS - O ESTEO F.S. ALEVÍN “A”

- Ás 19:00 h. STELLAE F.S. MEN - O ESTEO F.S. INFANTIL “A”

* 12ª XORNADA LIGA 1ª AUTONÓMICA FERROL FUTBOL SALA

Pavillón Municipal Campo da Serra (Narón)

- Ás 20:00 h. HOTEL CHIPS | C.D. A SOLAINA - O ESTEO F.S. XUVENIL

O Esteo F.S. volve xogar como visitante ante o Inversia Seguros A Estrada Futsal

​Imaxe dun tempo morto no encontro da pasada xornada | Arquivo O Esteo F.S.