Equipo Senior

O Esteo recibe a un Ribeira coa necesidade de conseguir os tres puntos

​Os de As Pontes buscaran a vitoria para acercarse definitivamente á salvación

Mañá sábado ás cinco da tarde O Esteo F.S. recibirá no Pavillón Municipal de Deportes da Fraga (As Pontes) a un rival directo como é o Club Ribeira F.S. nun encontro correspondente á vixésimo sétima xornada da tempada en Segunda División B.

Penúltimo partido desta tempada para os de As Pontes ante a súa afección, onde tentarán esquecer a derrota colleitada a pasada xornada na súa visita ao Inversia Seguros A Estrada Futsal, logrando unha vitoria que lle permitiría acariñar coa punta dos dedos a continuidade na categoría de bronce do fútbol sala español a vindeira tempada.

A diferenza do encontro da primeira volta da competición, ao que ambos os equipos chegaban separados por cinco puntos cós lucenses fóra dos postos de descenso e os ponteses ocupando un deses postos, e despois de toda unha volta de competición, ambos os equipos chegan á presente xornada separados por seis puntos pero en situación totalmente oposta xa que agora son os do As Pontes os que se atopan fóra de ditos postos de descenso, aventaxando o conxunto lucense en seis puntos que está inmersos neles. Por iso, espérase un encontro moi igualado e disputado de principio a fin, entre dous equipos que buscan o mesmo obxectivo, que non é outro que conseguir os tres puntos para tentar achegarse á salvación.

O equipo lucense está formado maioritariamente por xogadores de tempadas anteriores que se coñecen a perfección, xunto ás poucas incorporacións que realizou nesta tempada e se a iso lle sumamos que contan con dous dos mellores porteiros da categoría, convérteos nun equipo competitivo a todos os niveis. Por iso, os ponteses saben que terán que afrontar o encontro con moita intensidade e concentración, tanto a nivel ofensivo como defensivo, dende o inicio do encontro. Presionando a saída de balón sen deixar pensar aos rivais para tentar aproveitar os seus posibles erros e remate todas as xogadas de ataque para evitar os contraataques do equipo rival ademais de ter coidado coas súas xogadas de estratexia a balón parado.

No partido da primeira volta disputado no Palacio Municipal dos Deportes de Lugo, a vitoria foi para O Esteo por 2 a 5, nun enfrontamento dominado polos de As Pontes de principio a fin a pesar de encaixar os goles nos dous últimos minutos do choque debido a excesiva relaxación dos ponteses.

Para a disputa deste importante encontro, os do As Pontes seguen contando coas baixas de Ayalita e Paulo por lesión, polo que non descartan completar a convocatoria con xogadores do equipo xuvenil.

Dende o club fan un chamamento á afección para que acuda e masa ao municipal pontés para presenciar o partido e animar ao equipo neste importante encontro sabendo que entrada é de balde.

O Esteo recibe a un Ribeira coa necesidade de conseguir os tres puntos

​Imaxe do encontro da primeira volta disputado no Palacio Municipal dos Deportes de Lugo.