Os de As Pontes volveran a xogar en A Fraga despois de case dous anos
Mañá sábado O Esteo recibe ao IES Coruxo F.S. nun partido correspondente á vixésimo quinta xornada desta tempada na Segunda División B e previsto para as cinco da tarde, na que será a inauguración oficial do Pavillón Municipal de Deportes A Fraga de As Pontes.
Os Ponteses, tras acumular tres xornadas consecutivas sen coñecer a derrota, grazas ao empate ante o C.D. O Segosala na casa e as dúas importantes vitorias como visitante en Pontevedra e Valladolid, inician a recta final do campionato querendo seguir coa boa dinámica de resultados ante un equipo moi rochoso e físico que non llo vai poñer nada fácil aos ponteses. Os olívicos chegan a este encontro situados na décima posición da táboa con 31 puntos e un partido menos, mentres que o conxunto pontés é duodécimo con 28, polo que se espera un partido intenso e igualado entre os dous equipos que buscarán os a tres puntos do inicio do choque.
O IES Coruxo F.S. conta cun plantel moi amplo, equilibrado e competitivo que loita por cada balón como se fora o último do partido. Sen ter grandes nomes entre os seus xogadores, cómpre destacar a calidade dos seus pivotes, o que fai pensar que boa parte do seu xogo pase por esa posición ademais de ter un bo tiro exterior.
Os do As Pontes, que regresan á “casa” despois de case dúas tempadas tendo que xogar os seus partidos no “exilio”, necesitan seguir puntuando de tres en tres para poñer terra de por medio sobre a zona de descenso, saben que terán que ser moi intensos a nivel defensivo, onde esta tempada están a ter moitos problemas, xa que seguen a ser o equipo con máis goles en contra da categoría. Polo que deberan entrar no partido moi concentrados dende o primeiro minuto. Sen perder a dita concentración en ningún momento, sen deixar pensar aos rivais e seguir acertados en ataque se queren facerse cos tres puntos.
No partido da primeira volta disputado no pavillón Central das Travesas de Vigo, a vitoria sería para o IES Coruxo F.S. por un rotundo 5-0.
Para a disputa deste encontro, senon teñen algun contratempo de última hora, os de As Pontes teñen as únicas baixas de Paulo e Ayalita por lesión.
Dende o club fan un chamamento á afección para que acuda ao pavillón pontés a presenciar este importante encontro e animar ao equipo.

Imaxe do Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga (As Pontes)