Segundo encontro consecutivo dos ponteses no Pavillón Polideportivo Municipal pontés
O Esteo F.S. recibe maña sábado, ás 17:30 h., a visita do Inversia Seguros A Estrada Futsal, no Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga, no encontro correspondente á terceira xornada de liga na Segunda División B.
Os Ponteses tentaran sumar os seus primeiros puntos, logo de duas derrotas, nun arranque de liga complicado, nunha tempada que se presenta moi competitiva e esixente. Nesta xornada visita o pavillón pontés o Inversia Seguros A Estrada Futsal cun punto no seu casilleiro. Un equipo que mestura xogadores cunha amplia experiencia na categoría con xogadores xovenes de gran proxección no Futbol Sala galego.
Dende o clube facemos un chamamento á afeción, para que acuda ao Pavillón pontés a apoiar ao seu equipo e aportar ese ánimo extra ao mesmo.
Tódolas persoas que queiran facerse socias do clube, poderan facelo na mesma entrada do pavillón, antes do comezo do encontro de maña sábado.
CATEGORÍAS BASE
OS ALEVÍNS E INTANTÍS, VIAXARAN A LUGO MAÑA SÁBADO Á TARDE PARA ENFRONTARSE AO C.P. CASÁS.
Tamén, maña sábado pola tarde os nosos Alevíns e Infantís, desprazaranse ata a Cidade da Muralla, para disputar os encontros correspondentes á Terceira Xornada do Grupo 1 na Liga Galega ante o C.P. Casás.
Os alevíns, farano ás 17:00 h. mentras que ás 18:30 h. será a quenda dos infantís, ambos encontros disputaranse no Polideportivo Municipal Casa do Deporte de Lugo.

Imaxe do encontro do pasado sábabo ante a S.D. Xove F.S. | Arquivo O Esteo F.S.