Os ponteses tentaran puntuar nunha das pistas mais compricadas do campionato
Maña Sábado, os de As Pontes, desprazánse ata a localidade palentina de Guardo, para enfrontarse ao Deporcyl Guardo F.S. O encontro, correspondente á sexta xornada de liga, está programado para as cinco da tarde no Pavillón Municipal de dita localidade.
Os ponteses, queren revertir a situación pola que atravesan, tentando conseguir un resultado positivo que lles devolva a moral para afrontar os vindeiros compromisos ligueiros. A tarefa non será doada para o conxunto dirixido por Nino García, xa que se enfrontarán a un equipo, moi intenso e competitivo en tódolos sentidos e mais se cabe no seu feudo que xunto á presión que exerce a súa afección, convirtea, nunha das canchas mais difíciles do campionato.
Os siareiros dos de As Pontes que o desexen poderán seguir o encontro en directo través da canle Youtube do conxunto local, Deporcyl Guardo F.S.
https://www.youtube.com/@deporcylguardofs
CATEGORÍAS BASE
FIN DE SEMANA REPLETO DE PARTIDOS PARA A ESCOLA DE BASE O ESTEO F.S.
O sábado 21, á tarde no Pavillón Polideportivo Municipal de As Pontes, os nosos Alevíns e Infantís enfrontaranse ao Academia 5 Coruña nos encontros
correspondentes á sexta xornada da Liga Galega.
Ás 18:00 h. O ESTEO F.S. ALEVÍN “A” vs ACADEMIA 5 CORUÑA F.S. “A”
Ás 19:30 h. O ESTEO F.S. INFANTIL “A” vs ACADEMIA 5 CORUÑA F.S. “A”
Na tarde do domingo, tamen no Pavillón Pontés, arranca a competición na Primeira Autonómica, cun total de 6 encontros. Unha primeira xornada que dará comezo ás 16:00 h. e tera os seguintes horarios:
- Ás 16:00 h. O ESTEO F.S. BENXAMÍN “A” vs C.M.I. UNIDAD DE FENE F.S. “B”
- Ás 16:55 h. O ESTEO F.S. BENXAMÍN “B” vs CAFETERÍA MONTERREY UNIDADE DE FENE F.S.
- Ás 17:50 h. O ESTEO F.S. ALEVÍN “B” vs NAGOR SEGUROS O PARRULO FERROL F.S. “C”
- Ás 18:45 h. O ESTEO F.S. INFANTIL “B” vs DECORFENE UNIDADE DE FENE F.S.
- Ás 19:45 h. O ESTEO F.S. XUVENIL vs CLUB CIDADE DE NARÓN
Dende o clube facemos un chamamento á afeción, para que acuda ao Pavillón pontés a apoiar ao seus equipos nos encontros e aportar ese ánimo extra aos mesmos.
Imaxe de Arquivo | O Esteo F.S.
Instructions: informacion debajo noticia