Imaxe dun tempo morto no encontro ante o IES Coruxo F.S. | Xose Ferreiro

Os de As Pontes buscan facerse fortes na Fraga

Os ponteses afrontan este sábado un novo compromiso ligueiro no Polideportivo Municipal da Fraga (As Pontes), onde recibirán ao sempre compricado e competitivo F.S. Salamanca a partir das seis e cuarto do serán. O encontro corresponde á xornada dezaoito da Segunda División B e será o segundo consecutivo na casa para o conxunto pontés.

Tra-lo último encontro disputado ante a súa afección que sirveu aos de As Pontes para resarcirse da derrota colleitada con anterioridade en Valladolid, estes queren continuar aproveitando o factor cancha para sumar tres novos puntos importantes que lles permitan reforzar a súa dinámica competitiva na casa para manterse nos postos de playof e ampliar a vantaxe sobre o conxunto salmantino que é o inmediato perseguidor na táboa clasificatoria con 31 puntos por 34 que teñen os ponteses.

En fronte estará un F.S. Salamanca que chega coa intención de puntuar e poñer a proba a solidez dos homes de Iván López no seu feudo, nun choque que se prevé intenso e equilibrado. Os ponteses deberán amosar concentración e eficacia durante os corenta minutos para impor o seu xogo e dominar o ritmo do encontro.

Dito encontro preséntase como unha nova oportunidade para que os ponteses confirmen as súas boas sensacións como locais e continúen facendo que o pavillón pontés siga sendo un elemento chave có impulso engadido dos seus siareiros para continuar sumando, a poder ser de tres en tres, para xa realmente comezar a pensar en cousas mais ambiciosas.

Na previa do encontro, o técnico dos ponteses, Iván López, destacou a importancia deste encontro. “Xogamos na casa e iso sempre é un plus de motivación, ainda que o encontro non é decisivo pero si é vital de cara ao que podemos aspirar”. Continuaba expresando que “é un encontro importantisimo a nivel anímico e de clasificación xa que gañando, como lles veño dicindo aos xogadores durante toda a semana, convertese nun vitoria de sete puntos, tres que sumanos mais tres que deixan eles de sumar mais golaveraxe particular, por iso imos con tódalas gañas e a enerxia do mundo para que os tres puntos fiquen en As Pontes”. Por último tamen  alertou do potencial do conxunto salmantino “O F.S. Salamanca é un equipo competitivo, ben organizado e que non concede moitas facilidades, polo que teremos que estar moi concentrados dende o primeiro minuto e ser moi intensos durante os corenta minutos”.

No encontro da primeira volta disputado en terras salmantimas o resultado foi de empate a dous goles onde a igualdade entre ámbolos dous conxuntos foi máxima.

Por último, dende o club fan un chamamento á afección para que se achegue ao pavillón pontés á animar e apoiar aos seus para xuntos, sumar tres puntos moi importantes, sabendo que as entradas para presenzar este encontro poderanse adquirir anticipadamente a través da plataforma CLUBER cos presos de sempre:

➡️ Socios: Gratis
➡️ Non socios maiores de 18 anos: 7 Euros
➡️ Non socios entre 14 e 18 anos: 3 Euros
➡️ Menores de 14 anos: Gratis
➡️ Pais,nais e nenos da escola do club: Gratis

CATEGORÍAS BASE

Nova fin de semana competición para os equipos de base onde a última hora desta maña a Real Federación Galega de Futbol – Futgal decretou a suspensión da xornada de competición de maña sábado a nivel autonómico debido á alerta meteorolóxica. Polo que nun principio tan só se disputaran os encontros do domingo. A continuación detallanse os horarios e os lugares de xogo

Domingo día 25

Xornada 17 Preferente Futgal

  • Pavillón Municipal A Xunqueira (Fene)

Ás 16:00 h.  CMI UNIDADE DE FENE – O ESTEO F.S. ALEVÍN “A”

 Xornada 3 Primeira Futgal Ferrol F.S.

  • Pavillón Municipal de A Gándara (Narón)

Ás 12:00 h.  CIDADE DE NARÓN “A” – O ESTEO ALEVÍN “B”

  • Pavillón Municipal de As Lagoas (Narón)

Ás 17:30 h.  S.D.C.R. NARÓN O FREIXO – O ESTEO F.S. CADETE

Xornada 2 Primeira Futgal Ferrol

  • Pavillón Campo da Serra (Narón)

 Ás 17:00 h.  NARÓN FUTSAL – O ESTEO F.S. BENXAMÍN

 

 

 

 

 

 

 

Artigos relacionados

PATROCINADORES