O Fútbol Sala continuará sendo protagonista no inicio deste verán, en As Pontes, coa celebración do Campus Fútbol Sala Verán 2026 de O Esteo F.S., unha actividade destinada a rapaces e rapazas de entre 6 e 15 anos de idade que queiran comenzar as vacacións gozando do deporte, aprendendo e divertirdonse.

O Campus desenvolverase do 22 ao 25 de Xuño nos Pavillóns Polideportivo Municipal de A Fraga e no Monte Caxado, en horario de 09:30 a 14:00 horas, e estará dirixido polo xogador de O Esteo Adrián Martínez Vara “Adri”, referente do club pontés nesta pasada tempada.

A organización busca ofrecer unhas xornadas cheas de fútbol sala, compañeirismo e formación deportiva, combinando exercicios técnicos, xogos e actividades adaptadas ás distintas idades, ademais de algunha que outra sorpresa…

O prezo da inscrición será de 70 euros que inclúen equipación e tentempié diario para tódolos participantes. As prazas son limitadas, polo que dende o club animan ás familias interesadas a reservar canto antes xa que se cubrirán por orde das mesmas.

A data límite para formalizar dita incrición será o vindeiro Luns día 8 de Xuño.

Para máis información e inscricións, as persoas interesadas poden contactar nos teléfonos: 699 219 277 e 687 831 106.

 

Artigos relacionados

PATROCINADORES