Jandro e Matos ocupan os dous primeiros postos na táboa de goleadores do Grupo I da 2ªB | Imaxe Xose Ferreiro
Os ponteses tentaran sumar tres novos puntos nunha pista compricada
Maña sábado o conxunto pontés afrontará unha nova xornada de liga na que se desprazará ata A Coruña para render visita ao 5 Coruña F.S. nun encontro que dará comezo ás catro e media da tarde no Pavillón Municipal Novo Mesoiro da cidade herculina.
Os de As Pontes chegan a esta cita con ilusión, ambición e intención de dar continuidade ás boas sensacións que lles deixou a vitoria no derbi de proximiade do pasado sábado ante o Grupo Format Vilalba F.S. para seguir sumando puntos nunha Segunda División B cada vez máis esixente.
En fronte estará un 5 Coruña F.S. campión do grupo galego da Terceira División a pasada tempada e polo tanto recen ascendido á categoría de bronce do Futbol Sala nacional, á que se adaptando moi ben ocupando o sétimo posto da clasificación provisional do campionato con 12 puntos mentras que de As Pontes son terceiros con 17. Os herculinos que se fan fortes na súa pista buscarán unha nova vitoria diante da súa afección.
O encontro preséntase, pois, como un duelo igualado e de ritmo alto, no que ambos conxuntos tentarán impor o seu estilo de xogo e aproveitar as súas armas. Os ponteses confían na súa solidez e no traballo colectivo para tratar de conseguir os tres puntos.
Logo do derradeiro adestramento da semana o adestrador dos ponteses, Iván López, comentaba “maña enfrontaremonos a un equipo moi compricado que ben de menos a mais, que quizais pagou o salto de categoría nas primeiras xornadas pero que agora semella estar xa acomodado”. Continuaba decindo que os herculinos “son equipo na súa maioria formado por xogodores moi xovenes que levan moitos anos xogando xuntos, con moita calidade e moi intensos que seguro nos presentarán unha defensa alta moi agresiva”. Expresaba tamen que “esperanos outro encontro compricado mais fora da casa, nunha superficie de goma que quizais non nos favoreza moito ao noso xogo”. E remataba dicindo que “despois desta semana de adestramentos creo que chegamos nun bo momento de xogo e resultados, con baixas que sobre todo a nivel de adestramentos nos merman un pouco pero iso non é excusa para viaxar á A Coruña con tódalas gañas do mundo de conseguir os tres puntos para continuar nos postos altos da clasificación”.
A cita promete emoción e intensidade entre dous equipos que loitarán pola vitoria para tentar de ascender postos na táboa clasicatoria.
CATEGORÍAS BASE
Nova fin de semana e nova xornada de liga para os equipos de base de O Esteo que, ao igual que o equipo Senior, disputaran os seus encontros a domilicio, onde ai que destacar os derbis locais da Preferente Futgal Alevín e Infantil. Acontinuación detallanse os horarios e lugares onde se disputan tódolos encontros.
SÁBADO DÍA 8 DE NOVEMBRO
7ª Xornada Primeira Futgal Senior
- Pavillón Campo da Serra (Narón)
Ás 18:00 h. NARÓN FUTSAL – O ESTEO F.S. “B”
9ª Xornada Preferente Futgal
- Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga (As Pontes)
Ás 18:00 h. ENSINO LAGO SPORT – O ESTEO F.S. INFANTIL
DOMINGO DÍA 9 DE NOVEMBRO
3ª Xornada Primeira Futgal
- Pavillón Municipal de As Lagoas (Narón)
Ás 11:00 h. S.D.R. e C. NARÓN O FREIXO “B” – O ESTEO ALEVÍN “B”
9ª Xornada Preferente Futgal
- Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga (As Pontes)
Ás 12:00 h. CARLIN LUJO | LAGO SPORT – O ESTEO ALEVIN “A”
4ª Xornada Primeira Futgal Ferrol
- Pavillón Municipal de A Malata (Ferrol)
Ás 12:00 h. O PARRULO | FLEXIPORT EXPRESS – O ESTEO F.S. CADETE
Artigos relacionados
PATROCINADORES













