Imaxe do encontro do pasado sábado disputado en As Pontes | Xose Ferreiro
Os de As Pontes tentaran seguir sumando nunha pista compricada
Os ponteses afrontan este sábado un novo compromiso ligueiro coa visita ao Pavillón Municipal La Rosaleda, onde se enfrontará ao Caja Rural Atlético Benavente F.S. a partir das sete do serán no encontro correspondente a vixésimo primeira da Segunda División B.
O conxunto pontés chega a esta cita coa intención de manter a boa liña de traballo das últimas semanas e competir ao máximo nivel nunha das pistas máis esixentes da categoría. En fronte terá a un rival sólido, que quere facerse forte como local e que buscará impoñer o seu ritmo dende o inicio.
Durante a semana, o cadro técnico dos ponteses incidiu na importancia de manter a concentración durante todo o encontro, minimizar erros e ser efectivos nas áreas. A intensidade defensiva, a orde táctica e a rapidez nas transicións serán claves para tentar sumar puntos lonxe da casa.
Na previa do encontro, o adestrador dos ponteses, Iván López, destacou que “Sabemos que imos xogar nunha pista moi compricada, contra un gran equipo con moi bos xogadores ainda que agora mesmo a nivel de resultados non está pasar por unha boa racha”. Continuaba dicindo que “nos seguimos ao noso, intentando sumar o máximo posible, vai ser un partido moi compricado no que ambos equipos nos xogamos moito, que nos obrigará a estar concentrados os corenta minutos, ser sólidos en defensa e atrevidos en ataque. Se competimos ao noso nivel, teremos as nosas opcións”. Tamen sinalou que “Si que é verdade que que temos un pequeno colchón que nos dá un pouco de marxe a poder fallar pero se conseguimos a vitoria prácticamente deixamos a este rival descartado de cara ao playof”. Por último engadiu que “O grupo está a traballar moi ben e chega con confianza, pena dalgunha baixa que temos pero forma parte deste deporte, sabíamos que durante a tempada isto podía pasar pero tamen temos claro que só con compromiso e intensidade podemos seguir sumando”.
Pola súa banda, o Caja Rural Atlético Benavente F.S. contará co apoio da súa afección para tentar facerse forte na Rosaleda e voltar a súa boa dinámica como local, polo que se agarda un encontro igualado, intenso e con moita emoción.
No encontro da primeira volta, disputado no Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga, o conxunto pontés fixose coa vitoria no derradeiro minuto logo dun encontro con moitos goles e alternativas constantes no marcador para deixalo nun 9 – 7 final favorable aos locais.
Con todo, o conxunto pontés encara esta xornada 21 con tódalas gañas do mundo e a mirada posta en sumar un resultado positivo nunha pista moi esixente.
CATEGORIAS BASE
Tan só tres equipos da base disputaran os seus respectivos encontros o sábado á tarde no Pavillón Monte Caxado
Sábado día 14
- Pavillón Monte Caxado (As Pontes)
Xornada 20 Preferente Futgal
Ás 16:30 h. O ESTEO F.S. INFANTIL – CASÁS
Ás 18:00 h. O ESTEO F.S. ALEVÍN “A” – CASÁS
Xornada 6 Primeira Futgal Ferrol F.S.
Ás 19:15 h. O ESTEO F.S. CADETE – CARANZA FUTBOL SALA | BARBERÍA LOS FORAJIDOS
Artigos relacionados
PATROCINADORES













