Imaxe do encontro da pasada xornada | Bisbarra en Xogo

Os Ponteses tentarán facerse con tres novos puntos na súa visita a Asturias

Maña sábado día 11 de Outubro os de As Pontes afrontarán unha nova xornada de liga no Grupo 1 da Segunda División B de Fútbol Sala, visitando ao conxunto asturiano do Deportivo Laviana F.S. nun encontro programado para ás seis da tarde no Polideportivo Municipal de Pola de Laviana.

O conxunto pontés afronta este encontro co obxectivo de volver ao camiño do triunfo coa boa forma de xogo amosada nos primeiros encontros desta tempada e conseguir un resultado positivo fóra da casa que lle permita manterse nos postos medio-altos da clasificación. O equipo que dirixe Iván López deixou unha boa impresión no comezo da tempada, destacando pola súa intensidade e capacidade para crear ocasións e a pesar da derrota colleitada a pasada xornada diante da S.D. Xove, segue buscando unha maior consistencia en tódalas facetas do xogo.

Pola súa banda o Deportivo Laviana F.S.,debutante na categoría, chega a este encontro coa intención de reforzar a súa solidez como local, xa que ainda non coñece a derrota diante a súa afección, e quererá seguir sumando puntos neste comezo da competición.

Como ven sendo habitual, tra-lo derradeiro adestramento da semana, o adestrador dos de As Pontes deixaba as súas impresións sobre o encontro de maña sábado dicindo que “tódolos encontros fóra da casa son compricados non só polo longo do viaxe senon que este, en particular, pode considerarse un partido trampa porque o rival é un recen ascendido ao que en teoría temos obligación de gañar” Continuaba expresando que “os asturianos de momento só encaixaron unha derrota, están a competir moi ben adaptándose bastante rápido á categoría pero confiamos no noso traballo e na boa progresión do equipo para tratar de facernos cos tres puntos”. Por último tamen expresaba que “logo dunha boa semana de adestramentos viaxamos con tódalas gañas do mundo para intentar resarcirnos e demostrar que o da pasada xornada ante o Xove foi un pequeno accidente, levantántarse o antes posible e conseguir a vitoria en Laviana para escapar un pouco mais dos postos baixos da clasificación e seguir loitando polo que poida vir”.

O encontro promete emoción e competitividade entre dous equipos con aspiracións de consolidar a súa posición na parte media-alta da táboa. Espérase un partido equilibrado e de ritmo acelerado, con dous conxuntos comprometidos co xogo dinámico e ofensivo. A efectividade nas áreas e a concentración defensiva serán factores decisivos para decidir o resultado final.

CATEGORÍAS BASE

Novo fin de semana para as categorías base do club có encontro do filial o sábado e os equipos da Preferente o domingo. A continuación expoñense os horarios dos encontros e os lugares onde se disputan.

  • Sábado día 11 de Outubro

Pavillón Municipal Manuel Coto Ferreiro (A Estrada – Pontevedra)

3ª XORNADA PRIMEIRA FUTGAL SENIOR

Ás 20:00 h.  U.D. A ESTRADA F.S. – O ESTEO F.S. “B”

  • Domingo día 12 de Outubro

Polideportivo Somos Futbol (Lugo)

5ª XORNADA PREFERENTE FUTGAL

Ás 11:30 h.   RIBEIRA F.S. AUTOCARES ÁLVAREZ – O ESTEO F.S. ALEVÍN “A”

Ás 17:30 h.   RIBEIRA F.S. EN BOAS MANS – O ESTEO F.S. INFANTIL “A”

Artigos relacionados

PATROCINADORES