Imaxe de arquivo | O Esteo F.S.
Os ponteses queren estrear a segunda volta con bo pé
O conxunto pontés comeza o novo ano e a segunda volta da competición cun esixente desprazamento ata a cidade de Valladolid para medirse maña sábado ás cinco e media da tarde ao C.D. Tierno Galván no Pavillón Municipal Lalo García de dita cidade, nun encontro correspondente á décimo sexta xornada na Segunda División B.
O encontro supón o primeiro compromiso ligueiro de 2026 e o inicio dunha segunda volta na que os homes dirixidos por Iván López buscarán manter o nivel competitivo amosado no treito final da primeira metade do campionato. En fronte terán un rival que se fai forte como local e que os vai obrigar a manter a máxima concentración durante os corenta minutos.
Durante a semana, o corpo técnico traballou con intensidade para axustar detalles e chegar nas mellores condicións a un encontro que se prevé igualado e de alta intensidade.
O adestrador de O Esteo F.S., Iván López, destacou na previa a importancia de comezar ben o ano “Arrancamos a segunda volta do campionato viaxando a unha pista compricada para disputar un encontro moi esixente ante un rival que xa nos puxo as cousas difíciles no encontro da primeira volta”. Continuaba decindo “Os vallisoletanos son un equipo xoven, recen ascendido pero con xogadores de moita calidade, coas ideas moi claras e sobre todo no seu feudo onde estan a facer unha tempada moi boa”. Tamen expresaba que “Sabemos que non vai a ser un encontro doado, pero nos chegamos ben preparados e con moitas gañas de competir despois destas tres semanas de parón polo nadal que nos viñeron moi ben, a primeira para descansar e as outras dúas para traballar de cara ao comezo da segunda volta”. Ademais, subliñaba a relevancia de manter a identidade do equipo “Temos que ser sólidos atrás, cometer poucos erros e saber aproveitar as nosas ocasións. Se facemos as cousas ben, podemos traer algo positivo de Valladolid”.
Coas ilusións renovadas polo comezo de ano, os ponteses afrontan este compromiso co obxectivo de sumar os primeiros puntos da segunda volta para manterse nos postos altos da clasificación e iniciar o 2026 con boas sensacións.
CATEGORÍAS BASE
Esta fin de semana tamen comeza a competición, despois do parón do Nadal para as distintas categorías de base do clube, dividindo en tres encontros o sábado e outros tres o domingo, descansando o equipo infantil da Preferente Futgal. A continuación detallanse os horarios e os lugares de xogo.
Sábado día 10
Xornada 12 Primeira Futgal Senior
- Pavillón Centro Penitenciario (Teixeiro)
Ás 17:00 h. VICTORIA C.F. – O ESTEO F.S. “B”
Xornada 15 Preferente Futgal
- Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga (As Pontes)
Ás 18:00 h. O ESTEO F.S. ALEVÍN “A” – A.J. POMBO HÉRCULES F.S. “A”
Domingo día 11
1ª Xornada Primeira Futgal Ferrol F.S.
- Pavillón do Ensanche (Ferrol)
Ás 11:00 h. O PARRULO F.S. | PABLO SEIJAS CARPINTERÍA “B” – O ESTEO ALEVÍN “B”
- Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga (As Pontes)
Ás 16:00 h. O ESTEO F.S. BENXAMÍN – O PARRULO F.S. | MARISCOS O CORUÑES “A”
- Pavillón Campo da Serra (Narón)
Ás 18:00 h. NARÓN FUTSAL “B” – O ESTEO F.S.
Artigos relacionados
PATROCINADORES













