Dende o clube anunciase a celebración dunhas xornadas de portas abertas dirixidas a nenos, nenas e xóvenes que desexen formar parte da súa estructura deportiva para a vindeira tempada. A iniciativa busca acercar o deporte á veciñanza e fomentar a práctica do Futbol Sala dende a base.
As xornadas levaránse a cabo no Pavillón Polideportivo Municipal de As Pontes, con adestramentos abertos para as diferentes categorías, dende biberóns ata cadetes. Estarán dirixidas por adestradores titulados e desenrolaránse nun ambiente formativo, lúdico e accesible, coa finalidade de que os participantes coñezan a metodoloxía de traballo do clube e vivan a experiencia de adestrar coma un xogador mais.
Días e horas dos adestramentos por categoría:
𝐌𝐀𝐑𝐓𝐄𝐒 𝟏𝟕 𝐞 𝟐𝟒 𝐝𝐞 𝐗𝐮𝐧̃𝐨:
– De 16:00 h. a 17:30 h. Alevíns (2014 – 2015) ; Benxamíns (2016 – 2017)
– De 17:30 h. a 19:00 h. Infantís (2012 – 2013) ; Cadetes (2010 – 2011)
𝐗𝐎𝐕𝐄𝐒 𝟏𝟗 𝐞 𝟐𝟔 𝐝𝐞 𝐗𝐮𝐧̃𝐨:
– De 19:00 h. a 19:45 h. Prebenxamíns e Biberóns (2018-2021)
– De 19:45 h. a 20:30 h. Feminino
Dende el clube destacan que non é necesario ter experiencia previa, só gañas de aprender, divertirse para formar parte do noso proyecto deportivo.
“Queremos que tódolos nenos e nenas que sintan curiosidade polo Fútbol Sala teñan a oportunidade de probar sin compromiso, de descubrir este deporte e, quen sabe, de iniciar un camiño con nos”, sinalan dende a diretiva do clube.
Con esta actividade, O Esteo F.S. reafirma o seu compromiso có deporte base e có desenrolo integral dos xóvenes deportistas da zona.
Artigos relacionados
PATROCINADORES





