Imaxe de Arquivo | O Esteo F.S.
Os ponteses disputan maña o penúltimo encontro desta tempada
Os de As Pontes recibirán maña domingo ás doce do mediodía no Pavillón Monte Caxado ao sempre compricado conxunto salmantino do Piensos Duran Albense F.S. no penúltimo encontro da tempada, correspondente á vixésimo novena xornada de liga na Segunda División B.
Derradeiro encontro como locais da presente tempada para os ponteses, que buscan dar continuidade a xeira de duas vitorias consecutivas colleitadas en sendos desprazamentos á Asturias e darlle á súa afición a derradeira alegría desta tempada en forma dunha nova vitoria. Pero non o teran nada doado ante a un conxunto, o salmantino, que chega a este encontro inmerso na loita polos postos de ascenso á Segunda División ocupando o cuarto lugar na clasificación con dous puntos de ventaxa sobre o seu inmediato perseguidor, o F.S. Salamanca, e tres puntos menos que o seu predecesor.
O Piensos Duran Albense formado por xogadores con gran experiencia na categoría e categorías superiores é un equipo moi competitivo a tódolos niveis que viaxaran a As Pontes coa mente posta en conseguir os tres puntos para manter intactas as suas opcións de disputar as eliminatorias de playof de ascenso á Segunda División a falta dunha xornada para que finalice a liga.
Os xogadores que dirixe Iván López saben do potencial do rival pero non descartan nada xa que xogaran sin presión de ningún tipo unha vez cumprido o principal obxetivo da tempada fai xa algunhas xornadas, ainda así prevese un encontro moi igualado, competido e emocionante de principio a fin, con moitos goles, característica común dos enfrontamentos de tempadas anteriores disputados entre ámbolos dous conxuntos.
Tra-lo derradeiro adestramento da semana o técnico do ponteses, como de costume, deixaba as súas impresións sobre o encontro de maña “achegase o final da tempada quedando tan só dous encontros por disputar onde é compricado adestrar, semana a semana, sabendo que non te xogas nada pero a verdade é que os xogadores estan respondendo moi ben logrando realizar unha boa semana de adestramentos”. Continuaba decindo “vimos de sacar adiante dous encontros compricados contra os dous conxuntos asturianos onde era prácticamente obrigatorio gañar e agora quedannos outros dous moi compricados, comezando este domingo na casa ante un rival que ven de menos a mais como é Piensos Duran Albense que está remantando a tempada a un nivel competitivo moi bo, a iso ai que sumarlle que se estan xogando a súa presenza no playof de ascenso”. Remataba expresando que “quizais o mais importante sexa o traballo a nivel mental do grupo, que os xogadores veñan e sexan conscientes do partido que nos vamos encontrar e mentalizados en gañar para regalarlle á afición un resultado positivo nun bo encontro e sobre todo intentar competir ao cen por cen para facernos cós tres puntos”.
No encontro da primeira volta disputado no Pavillón Municipal de Alba de Tormes os ponteses vironse superdados nunha segunda metade dun partido que chegaba ao descanso cun marcador de (1-0) favorable aos de Alba de Tormes e que remataria cun contundente (6-0) a prol destes últimos.
Dende o clube facemos un chamamento á afección, para que acuda ao Pavillón pontés a apoiar ao seu equipo e aportar ese ánimo extra ao mesmo nun encontro que promete ser moi igualado, competido e emocianante de principio a fin, sabendo que a será GRATUITA.
CATEGORÍAS BASE
Tan só tres equipos da Base disputaran os seus respectivos encontros na fin de semana, onde destaca a semifinal da Preferente Futgal que o equipo Alevín vai disputar o domingo pola tarde no Pavillón Municipal de Chapela (Redondela).
Os encontros repartense como acontiuación se indica:
Sábado día 26
Pavillón do Centro Penitenciario de Teixeiro
- 26ª XORNADA LIGA PRIMEIRA FUTGAL SENIOR
Ás 17:00 h. O ESTEO F.S. “B” – VICTORIA C.F.
Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga (As Pontes)
- 5ª XORNADA COPA PRIMEIRA FUTGAL
Ás 19:30 h. O ESTEO F.S. INFANTIL “B” – A.D.C.R. SANTA MARIÑA | PICA&PICA 24 H. “B”
Domingo día 27
Pavillón Municipal de Chapela (Redondela)
- SEMIFINAl LIGA PREFERENTE FUTGAL
Ás 17:15 h. KOMPITE AMOR DE DIOS – O ESTEO F.S. ALEVÍN “A”
Artigos relacionados
PATROCINADORES





