Imaxe do último encontro disputado no pavillón pontés | Xose Ferreiro
Os ponteses tentaran facerse con tres novos puntos
O Pavillón Polideportivo Municipal da Fraga (As Pontes) acollerá este sábado 1 de novembro, ás 18:30 horas, un dos encontros máis esperados da tempada para a afección pontesa. O Esteo F.S. enfrontarase ao Grupo Forma-t Vilalba F.S. nun novo derbi de proximidade, correspondente a unha nova xornada no Grupo 1 da Segunda División B de Fútbol Sala.
O conxunto pontés dirixido por Iván López afronta a cita coa motivación de xogar ante a súa afección e co obxectivo de sumar tres novos puntos que lle permitan consolidarse na zona alta da táboa clasificatoria. Despois dun bon inicio de campionato os ponteses procuran dar continuidade ás boas sensacións amosadas nos últimos compromisos na Fraga, onde se teñen mostrado sólidos e Competitivos.
Pola súa banda, o conxunto vilalbés chega a As Pontes coa intención de facerse con tres novos puntos e seguir escalando posicións na clasificación. Os vilalbeses, sempre se caracterizaron pola súa intensidade e compromiso, consolidándose como un dos rivais máis esixentes da categoría, especialmente pola súa capacidade para adaptarse a diferentes escenarios de partido.
Na previa do encontro, o adestrador dos de As Pontes, Iván López, destacou a importancia deste encontro “Os derbis sempre son encontros especiais”. Continuaba decindo que “Agardamos un encontro intenso e disputado, con dous equipos que se coñecen moi ben e no que os pequenos detalles marcarán a diferenza”. Remataba expresando que “Contar co apoio da nosa afección será fundamental”.
O choque entre ponteses e vilalbeses promete emoción, ritmo e ambiente nas bancadas, nunha cita clásica do fútbol sala galego que, unha vez máis, medirá a ambición e o momento de forma de ámbolos dous conxuntos.
Dende o clube fan un chamamento a afección pontesa para que acuda ao pavillón municipal a presenzar e animar aos seus, nun encontro que promete emocións fortes e bó xogo.
As entradas, para presenzar este encontro manteñen os prezos dos encontros anteriores. Poderanse adquirir anticipadamente a través da plataforma CLUBER (ver redes sociais do clube).
➡️ Socios: Gratis
➡️ Non socios maiores de 18 anos: 7 Euros
➡️ Non socios entre 14 e 18 anos: 3 Euros
➡️ Menores de 14 anos: Gratis
➡️ Pais,nais e nenos da escola do club: Gratis
CATEGORÍAS BASE
Catro encontros se xogaran na xornada do domingo, todos eles en As Pontes e como acontinuación se indica.
Domingo día 2 de Novembro
8ª Xornada Preferente Futgal
- Pavillón Monte Caxado (As Pontes)
Ás 11:45 h. O ESTEO F.S. INFANTIL – 5 CORUÑA AUGA DA PARADA
- Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga (As Pontes)
Ás 11:45 h. O ESTEO F.S. ALEVÍN “A” – 5 CORUÑA LA ESTRELLA
3ª Xornada Primeira Futgal
Ás 13:00 h. O ESTEO F.S. CADETE – NARÓN FUTSAL “B”
6ª Xornada Primeira Futgal Senior
Ás 17:00 h. O ESTEO F.S. “B” – SILVA S.D. ARBOCO
Artigos relacionados
PATROCINADORES













