Imaxe do encontro ante o F.S. Salamanca | Xose Ferreiro
Os ponteses queren seguir sendo fortes diante da súa afección
O Esteo F.S. afronta este sábado un novo compromiso ligueiro na Segunda División B. O conxunto pontés medirase ao Deportivo Laviana F.S., único representante asturiano do grupo 1 de dita categoría, nun encontro correspondente á vixésima xornada de competición, que se disputará ás seis e cuarto da tarde no Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga (As Pontes).
O conxunto pontés buscará facerse forte unha vez máis diante da súa afección, consciente da importancia de sumar os tres puntos nunha liga cada vez máis igualada e esixente. Tras unha semana intensa de traballo, os ponteses chegan a este encontro coa intención de manter o nivel competitivo amosado nas últimas xornadas e continuar nos postos altos da clasificación.
En fronte estará un Deportivo Laviana F.S. que ocupa o penúltimo posto da clasificación e chega ao encontro de maña sábado tras derrotar na súa pista ao IES Coruxo F.S. a pasada xornada, polo que buscaran seguir sumando para sair dos postos de descenso a Terceira División. O conxunto asturiano destaca pola súa capacidade competitiva, converténdose nun rival incómodo. Agárdase, por tanto, un encontro moi disputado, no que os pequenos detalles poden resultar decisivos.
Na previa do encontro, o adestrador de O Esteo F.S., Iván López sinalou que “chegamos ao encontro con boas sensacións, tra-la gran vitoria colleitada a o pasado sábado en Xove, pero conscientes de que maña teremos diante un rival que ocupa postos de descenso e que se está xogando a vida”. Continuaba decindo que “cada vez vai quedando menos e os equipos da zona baixa da clasificación como Deportivo Laviana vense na necesidade de gañar o que pode ser unha arma de dobre fío tanto para eles coma nos”.
O técnico pontés tamén destacou a importancia do factor cancha “xogar na casa ten que ser un plus para nós. Co apoio da nosa xente queremos levar a iniciativa do encontro, poñernos por diante no marcador e evitar chegar igualados ao final do mesmo para non lle dar opcións ao rival”.
Finalmente, incidiu na necesidade de manter a regularidade “A liga está moi igualada e cada punto conta. Temos que ser sólidos en defensa, minimizar erros e aproveitar as nosas opcións en ataque se queremos seguir sumando”.
No encontro da primeira volta da competición disputado en terras asturianas o resultado foi dun claro tres goles a oito, favorable aos ponteses.
Co empuxe da bancada, os ponteses tentarán converter unha vez máis o pavillón de A Fraga nun fortín e lograr unha vitoria que lle permita continuar unha xornada mais nos postos altos da clasificación.
Dende o clube fan un chamamento a dita afección para que acuda ao pavillón pontés a presenzar e animar aos seus, sabendo que as entradas para presenzar este encontro poderanse adquirir anticipadamente a través da plataforma CLUBER (ligazón nas distintas publicacións do encontro nas redes sociais do club) cos seguintes prezos:
➡️ Socios: Gratis
➡️ Non socios maiores de 18 anos: 7 Euros
➡️ Non socios entre 14 e 18 anos: 3 Euros
➡️ Menores de 14 anos: Gratis
➡️ Pais,nais e nenos da escola do club: Gratis
CATEGORÍAS BASE
Nova fin de semana de competición para as distintas categorías de base que se dividen en tres encontros o sábado e tres o domingo, onde destaca o derbi local da categoría Benxamín da Primiera Futgal. A continuación expoñense os horarios e os lugares onde se disputan os encontros.
Sábado día 7
Xornada 3 Liga Primeira Futgal Ferrol F.S.
- Pavillón Monte Caxado (As Pontes)
Ás 17:00 h. O ESTEO F.S. BENXAMÍN – LAGO SPORT | A TABERNA DE PANCHO
Xornada 5 Primeira Futgal Ferrol F.S.
- Pavillón Municipal de A Casqueira (Pontedeume)
Ás 17:30 h. FUTBOL SALA PONTEDEUME – O ESTEO ALEVÍN “B”
Xornada 17 Primeira Futgal Senior
- Pavillón Municipal de Labañou (A Coruña)
Ás 20:00 h. BAR CIUDAD – O ESTEO F.S. “B”
Domingo día 8
Xornada 19 Preferente Futgal
- Pavillón Municipal As Lagoas (Narón)
Ás 11:30 h. S.D.R.C. NARÓN O FREIXO “A” – O ESTEO F.S. ALEVÍN “A”
Ás 13:00 h. S.D.C. e R. NARÓN O FREIXO “A” – O ESTEO F.S.
Xornada 5 Primeira Futgal Ferrol F.S.
- Pavillón Campo da Serra (Narón)
Ás 19:00 h. NARÓN FUTSAL – O ESTEO F.S. CADETE
Artigos relacionados
PATROCINADORES













