Imaxe de Arquivo | O Esteo F.S.
Os ponteses tentaran dar continuidade a boa xeira de resultados deste inicio de tempada
Ás 18:00 h. de maña sábado, o Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga será testemuña dun gran duelo clásico, na cuarta xornada desta tempada, na Segunda División B, con dous equipos que se coñecen ben e que sempre ofrecen un bo espectáculo de entrega e moitos goles.
O Esteo F.S. e a S.D. Xove F.S. chegan a este encontro tras colleitar sendos empates a pasada xornada polo que ambos quereran voltar ao camiño do triunfo nun enfrontamento que promete intensidade, calidade e emoción dende o primeiro minuto.
Os de As Pontes buscarán aproveitar a vantaxe de xogar na casa e o apoio da súa afección para tentar dar continuidade á boa xeira de resultados conseguidos neste inicio de campionato e conseguir tres novos puntos que os manteñan na loita polos primeiros postos da táboa clasificatoria. Tras unha boa semana de adestramentos, o equipo dirixido por Iván López chega preparado e moi motivado para afrontar este encontro.
Pola súa banda, a S.D. Xove F.S. formada por xogadores con ampla experiencia na categoría e categorías superiores e moitas incorporacións de xogadores xovenes non poñerá as cousas doadas aos ponteses que van ter que empregarse ao cen por cen para sumar unha nova vitoria. O equipo mariñan, coñecido pola súa solidez defensiva, e a súa capacidade para competir en calquera pista, tentará levarse un resultado positivo da súa visita a As Pontes.
Despois do derradeiro adestramento da semana, o adestrador, Iván López, deixaba as súas impresións sobre este encontro comentando que “enfrontamos a un conxunto veteran na categoría onde temos moitos xogadores coñecidos pero iso non significa que podamos fallar”. Continuaba dicindo que “Tras un comezo de tempada moi bo, con duas vitorias nos dous primeiros encontros e un empate, a pasada xornada, na compricada cancha do F.S. Salamanca onde estivemos moi ben e como lles dixen aos rapaces ao remate dese encontro, o punto conseguido temo-lo que facer bo esta fin de semana sumando unha nova vitoria”. E remataba expresando que “por suposto, tódolos encontros son compricados pero xogamos na casa e intentaremos que os tres puntos se queden en As Pontes”.
Dende o club fan un chamamento a afección pontesa para que acuda ao pavillón pontés a apoiar e animar ao equipo dende o primeiro minuto do encontro. Tamen recordan que as entrada para presenciar o encontro poderanse adquirir anticipadamente no seguinte enlace da plataforma Cluber que aparace nas redes sociais do club.
CATEGORÍAS DE BASE
O vindeiro domingo á tarde, tamen no Pavillón Polideportivo de A Fraga será a quenda das categorías de base que están en competición. A continuación expoñense os horarios dos encontros:
- Domingo día 5 de Outubro
4ª XORNADA PREFERENTE FUTGAL F.S.
Ás 16:00 h. O ESTEO F.S. ALEVIN “A” – C.M.I. UNIDADE DE FENE F.S. | RESTAURANTE LUÍS
Ás 17:30 h. O ESTEO F.S. INFANTIL “A” – NOIA F.S.
2ª XORNADA PRIMEIRA FUTGAL F.S.
Ás 19:00 h. O ESTEO F.S. “B” – BAR CIUDAD | ROYAL SCHOOL F.S.
Artigos relacionados
PATROCINADORES





