Imaxe de arquivo | O Esteo F.S.

Os ponteses buscaran facerse coa terceira vitoria da tempada en terras salmantinas

Maña sábado, os de As Pontes desprazaranse ata a cidade de Salamanca para disputar o encontro correspondente a terceira xornada da presente tempada na Segunda División B ante F.S. Salamanca. Ás seis da tarde O Pavillón La Alamedilla será o escenario dun partido que promete intensidade e emoción dende o primeiro minuto.

Ambos os conxuntos chegan a este choque con traxectarias similares e coas mesmas gañas de seguir sumando puntos. O F.S. Salamanca, que ven de conseguir a vitoria na compricada pista do Deporcyl Guardo, buscará facerse forte na casa para dar continuidade ao bo comezo da tempada e manter o pulso nas primeiras posicións da táboa clasificatoria. A súa solidez defensiva e a precisión nos momentos clave serán factores decisivos para o equipo salmantino.

Pola súa banda os ponteses, que afrontan o seu segundo encontro consecutivo como visitantes, chegan a Castela coa intención de continuar sumando puntos fóra da casa e manter asi a súa boa forma neste comezo de liga. O equipo pontés, coñecido polo seu estilo combativo e a súa capacidade para loitar ata o final, tenntará de poñerlle as cousas compricadas aos salmantinos confíando na súa experiencia para asegurar un resultado positivo.

Tra-lo derradeiro adestramento da semana, o adestrador dos de As Pontes, Ivan López declaraba que “maña sábabo afrontaremos unha das saídas mais compricadas do campeonato para enfrontarnos a un conxunto que se reforzou moi ben tanto a nivel de corpo técnico como de xogadores”. Continuaba decindo que “imos xogar contra un rival que, ao igual que nos, comezou a liga gañando os dous primeiros encontros, que ainda que para nos a nivel de resultados é un inicio moi bo creo que a nivel de xogo temos marxe de mellora”. Para rematar tamen comentaba que “viaxamos a Salamanca coas gañas e a ambición de conseguir os tres puntos. Sabemos que non vai ser doado, sabemos que vamos ter enfronte un rival moi intenso e agresivo, con moita movilidade de balón pero durante esta semana adestramos para tentar de levar o encontro a onde nos queremos e facernos cos tres puntos”.

O encontro promete ser emocionante, onde a intensidade e a estratexia serán sen dúbida as protagonistas deste duelo.

CATEGORÍAS BASE

Tres encontros para os equipos de base nesta fin de semana na que o conxunto Filial dos ponteses comeza a súa andaina no Grupo 1 da Primeira Futgal Senior, mentras os equipos da Preferente disputaran a terceira xornada do campionato. Os horarios e os lugares de xogo son os seguintes:

 

  • Sábado día 27 de Setembro

1ª XORNADA PRIMEIRA FUTGAL SENIOR F.S.

Pavillón de As Lagoas (Narón)

Ás 19:00 h.   S.D.R. e C. NARÓN O FREIXO – O ESTEO F.S.

  • Domingo día 28 de Setembro

3ª XORNADA PREFERENTE FUTGAL F.S.

Pavillón O Restollal (Santiago)

Ás 16:30 h.   A.D. CODIMA – AMES SPORT – O ESTEO F.S.

Ás 18:00 h.   A.D. CODIMA – GRÁFICAS ESTEIRO – O ESTEO F.S.

Artigos relacionados

PATROCINADORES