Imaxe do encontro disputado o pasado en As Pontes | Xose Ferreiro
Os de As Pontes confían en darlle a volta a situación de dúas derrotas seguidas
Os ponteses afrontan este sábado un dos encontros máis atractivos da tempada coa súa visita ao Pabellón Municipal de Vilalba, onde ás cinco e media da tarde se medirá ao Grupo Forma-t Vilalba F.S. no derbi de proximidade correspondente á vixésimo terceira xornada da Segunda División B.
O conxunto pontés chega a esta cita coa intención de voltar á senda da vitoria, logo de dúas derrotas consecutivas, para seguir sumando antes de entrar no tramo decisivo do campionato. Os ponteses son conscientes da dificultade que supón enfrontarse a un rival coñecido e sempre competitivo ante a súa afección. Os encontros entre ámbolos dous conxuntos adoitan caracterizarse pola intensidade, o ritmo alto e a igualdade, ingredientes que volverán estar presentes esta fin de semana.
Pola súa banda, os vilalbeses buscarán facer valer o factor pista, onde os detalles e a concentración poden resultar determinantes para a resolución do encontro. A proximidade xeográfica entre ambos clubs engade un punto extra de motivación tanto para os xogadores como para as bancadas.
En clave deportiva, O Esteo tratará de amosar solidez defensiva e ter mais efectividade nas transicións, unha das suas asignaturas pendentes ao longo da tempada. O corpo técnico incidiu durante a semana na importancia de manter a intensidade durante os corenta minutos e minimizar erros xa que neste tipo de encontros, que se prevén moi disputados, os pequenos detalles poden marcar a diferenza.
Os vilalbeses son un equipo moi intenso, que compite moi ben na súa pista o que vai obrigar aos ponteses a estar ao cen por cen dende o primeiro minuto e sendo fieis ao seu estilo de xogo.
O adestrador dos ponteses, Iván López, sinalou na previa que “Sabemos que vai ser un encontro diferente, un derbi onde o que levas traballado ao mellor rompese todo nos primeiros minutos e iso sempre iguala moito as cousas indepentemente da posición que ocupemos na clasificación”. Continuaba expresando “Levamos unha boa semana de traballo a nivel de adestramentos e sobre todo queremos darlle a volta a esta situación de dúas derrotas seguidas xa que é primeira vez na tempada que nos ocorre. Queremoslle dar un cambio a iso, sobre todo a nivel mental para seguir nos primeiros postos da clasificación e tentar disputar o deseado playoof”. Remataba destacando o valor anímico do encontro “Estes derbis xóganse con cabeza, pero tamén con corazón, gañar podenos vir moi ben anímicamente para afrontar vindeiros compromisos. Se mantemos a concentración e a intensidade, teremos opcións de traer algo positivo para As Pontes”.
Espérase un bo ambiente no Pabellón Municipal de Vilalba para vivir un derbi de proximidade que promete emoción e espectáculo, cuns xogadores decididos a competir ao máximo nivel e a loitar por tres puntos de gran valor nesta xornada número 23 da Segunda División B.
No encontro da primeira volta, disputado no Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga o conxunto pontés lograba unha contundente vitoria por 9 goles a 2 dominando aos chairegos de principio a fin.
CATEGORÍAS BASE
Nova fin de semana de encontros para as categorías de base onde destaca o triple derbi local que se vai a disputar na xornada do domingo ante o Lago Sport no Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga entre os equipos Alevín e Infantil da Preferente e o Cadete da Primeira Futgal. Mentras que os benxamíns non teñen competición.
- Sábado día 28 de Febreiro
Pavillón Municipal Juan Tenreiro (Miño)
Xorrnada 19 Primeira Futgal Senior
Ás 16:30 h. CLUB F.S. ALAMEDA XARIO – O ESTEO F.S. “B”
Pavillón Municipal de As Lagoas (Narón)
Xornada 6 Primeira Futgal Ferrol F.S.
Ás 16:30 h. S.D.R. e C. NARÓN O FREIXO “B” – O ESTEO ALEVÍN “B»
- Domingo día 1 de Marzo
Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga (As Pontes)
Xornada 8 Primeira Futgal Ferrol F.S.
Ás 13:30 h. 11TEAMSSPORTS LAGO SPORT – O ESTEO F.S. CADETE
Xornada 22 Preferente Futgal F.S.
Ás 17:30 h. O ESTEO F.S. ALEVÍN “A” – CARLIN LUJO | LAGO SPORT
Ás 19:00 h. O ESTEO F.S. INFANTIL – ENSINO LAGO SPORT
Artigos relacionados
PATROCINADORES












