Imaxe do encontro da primeira xornada da tempada 25/26 | Cortesía de Xose Ferreiro

Os ponteses tentaran seguir sumando neste inicio do campionato

Este sábado, o conxunto pontés desprazarase ata a cidade de Vigo para disputar o encontro correspondente á segunda xornada da tempada 2025/2026 na 2ª División B, ante o IES Coruxo F.S. e programado para as cinco da tarde no Pavillón Central de As Travesas.

Tras un arranque de liga cheo de intensidade e boas sensacións, os de Iván López chegan a este encontro có obxetivo claro de sumar tres novos puntos para confirmar o bo comezo da competición e posicionarse nos postos altos da clasificación.  Mentras que o conxunto olívico tentará facer bó o factor cancha para resarcirse da derrota sufrida en Salamanca o pasado sábado na xornada inaugural do campionato e desta maneira conseguir sumar os seus primeiros puntos da tempada.

Tra-lo derradeiro adestramento da semana o adestrador dos ponteses comentaba sobre o encontro de maña que “despois da importante vitoria colleitada diante a nosa afeción, no comezo da competición, visitamos a un rival moi competitivo como local que nos vai poñer as cousas moi compricadas”. Continuaba expresando que “logo dunha boa semana de adestramentos, a pesar de estar moi xustos por ter xogadores con molestias, esperamos que non nos pase factura e se recuperen a tempo para a disputa deste encontro”. Por último decía que “temos que tentar impoñer o noso xogo e leva-lo encontro ao que nos queremos que sexa para facernos cós tres puntos”.

O encontro promete ser moi disputado e vibrante, entre dous equipos que se coñecen ben e que, tempada tras tempada, protagonizan duelos cargados de ritmo, estratexia e emoción.

CATEGORÍAS BASE

Tan só un encontro na fin de semana para os equipos de base de O Esteo, o que disputaran os Alevíns que se desprazaran ata A Coruña para enfrontarse ao Autocares J. Pombo Hércules F.S. “A” no encontro da segunda xornada da Preferente Futgal F.S., programado para o vindeiro domingo día 21 ás cinco e media da tarde no Pavillón Barrio das Frores. Mentras que o conxunto infantil, tamen da preferente, cumpre coa súa xornada de descanso.

Artigos relacionados

Artigos relacionados

PATROCINADORES