Imaxe de arquivo | O Esteo F.S.

Os de As Pontes buscaran rematar o ano da mellor maneira posible

Os ponteses afrontan hoxe venres 19 de decembro ás nove e media da noite o derradeiro encontro do ano e tamén o derradeiro da primeira volta do campionato, un encontro adiantado da xornada 15 que se vai disputar no Pavillón Municipal de Baamonde. O rival será o Concello de Begonte F.S., actual pechacancelas da clasificación e que ata o momento non logrou inaugurar o seu casilleiro de puntos.

O conxunto pontés buscará despedir 2025 con boas sensacións e sumar tres novos puntos para pechar a primeira metade da tempada cun balance moi positivo. A pesar da posición do rival na táboa, dende o corpo técnico non se fían e insísten na necesidade de manter a máxima concentración, conscientes de que este tipo de encontros esixen intensidade e seriedade desde o primeiro minuto.

O Concello de Begonte F.S., pola súa banda, tentará aproveitar o apoio da súa fiel afección para sorprender e despedir o ano competindo ao seu máximo nivel, coa intención de conseguir sumar os seus primeiros puntos e comezar a reverter a súa situación na clasificación.

Logo do derradeiro adestramento da semana o adestrador dos ponteses, Iván López, sinalaba que “o encontro de hoxe ante o último clasificado podese calificar como un encontro trampa onde non temos nada que gañar pero si moito que perder polo que estamos prácticamente obrigados a conseguir a vitoria”. Continuaba expresando que “se vamos coa mentalidade de que vai a ser un encontro sinxelo contra un equipo que ainda non puntuou seguramente que se nos compriquen moito as cousas” e puntualizaba que “equipos como Salamanca, Lugo Sala ou Albense pasaron moitos apuros para levarse os tres puntos dunha pista que non é de parqué, onde fai moito frio o que creo nos vai a perxudicar un pouco”. Remataba dicindo que “a nosa mentalidade e o que o preparamos durante a semana están enfocados en conseguir os tres puntos, rematar a primeira volta da competición mellor do que pensábamos nun primeiro momento, cada vez mais cerca do principal obxetivo que é a salvación e irnos de vacacións cun bó sabor de boca”.

O choque preséntase como unha boa oportunidade para que os de As Pontes afiancen a súa posición na táboa cunha nova vitoria e poñer así o broche final ao ano competitivo, antes do parón do Nadal, nun duelo que marcará o peche da primeira volta do campionato.

O encontro poderase seguir en direto pola plataforma de televisión por internet e streaming Tiivii.gal

 

CATEGORÍAS BASE

Derradeira fin de semana de competición do ano antes do paron polas festas do Nadal para os distintos equipos de base onde destacan as semifinais da Copa da Primeira Futgal que os Cadetes e os Alevíns disputaran como locais.

Sábado día 20

Xornada 14 Preferente Futgal

  • avillón Municipal O Restollal (Santiago)

Ás 20:00 h.  ALTO DO VENTO F.S. EIMA & COPAS – O ESTEO F.S. ALEVÍN “A”

Domingo día 21

  • Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga (As Pontes)

Semifinais Copa da Primeira Futgal Ferrol

Ás 11:00 h.  O ESTEO F.S. ALEVÍN “B” – NARÓN FUTSAL

Ás 12:00 h.  O ESTEO F.S. CADETE – S.D.C.R. NARÓN O FREIXO “A”

Xornada 12 Primeira Futgal Senior

Ás 19:00 h.  O ESTEO F.S. “B” – RESTAURANTE GALICIA AGOLADA F.S.

Xornada 14 Preferente Futgal

  • Pavillón Municipal de Fontiñas (Santiago) 

Ás 16:00 h.  ALTO DO VENTO F.S. – FINK ORFEBRES – O ESTEO F.S. INFANTIL

 

Artigos relacionados

PATROCINADORES