Imaxe do último encontro disputado no Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga | Xose Ferreiro

Os de As Pontes buscaran facerse cos tres puntos nunha pista compricada

Maña sábado os de As Pontes desprazaranse ata a localidade asturiana de Mieres para disputar o encontro correspondente á vixésimo séptima xornada da tempada na Segunda División B, programado para ás seis da tarde no Pavillón Polideportivo Municipal Mieres Sur.

Tra-los dous fins de semana de paron, o primeiro deles por adiantar o encontro contra o Stellae Leis Pontevedra e o segundo por descanso da competición, os ponteses afrontan este sábado o primeiro dos dous encontros consecutivos que disputaran na comunidade veciña, onde tentaran voltar ao camiño das vitorias logo da abultada derrota colleitada na última xornada ante o Stellae Leis Pontevedra F.S. no Pavillón Polideportivo Municipal de As Pontes.

O Racing de Mieres, con tan só catro puntos no seu casilleiro, está formado por unha mestura de xovenes xogadores e veteráns moi combativos que esixirán aos xogadores ponteses empregarse ao cen por cen en cada acción. Os asturianos xa descendidos matemáticamente fai unhas xornadas non teñen nada perder e buscaran unha vitoria que se lles leva resitindo durante toda a tempada.

Pola contra o obxetivo dos ponteses, nas catro xornadas que restan para o remate da competición, unha vez que certificada a permanencia na categoría unha tempada mais, é o de tentar ascender algún posto na clasificación polo que todo comeza por sumar os tres puntos neste encontro. Para iso non se deberán fiar da situación do rival e terán que realizar un encontro moi serio tanto a nivel ofensivo como defensivo.

O adestrador do cadro pontés, Iván López, despois do derradeiro adestramento da semana comentaba que “que o paron destas dúas fins de semana creo que foi o peor que nos puido pasar despois dunha dura derrota como foi a da anterior xornada pero aproveitamos ben estas dúas semanas para adestrar e recargar as pilas para afrontar a recta final da tempada”. Continuaba decindo que “temos catro encontros por diante, o primeiro deles ante o Racing de Mieres, un equipo xa está descendido que tan só ten catro puntos e que parece que temos gañar case sen viaxar pero se analizamos os seus resultados como local vemos que ningún equipo gañou fácil alí a non ser o Atlético Benavente (0-4), o resto foron todos marcadores axustados incluso o Vilalba, líder da competición só puido sacar un empate o que indica a dificultade da pista. E remataba expresando que “ainda que é un equipo descendido non é un equipo que dea a tempada por perdida e se deixe ir, todo o contrario, é un equipo que compite ben que nos vai a poñer as cousas compricadas. O que traballamos e falamos é que temos que ser nos mesmos, tentar competir ben e afrontar estes catro encontros que quedan como catro finais para tentar que quedar o mais arriba na clasificación”.

Na primeira volta os xogadores dirixidos por Iván López lograban unha cómoda vitoria por 11 goles a 5 nun encontro onde que ao descanso o marcador xa refleba un claro 5-1 o que xa indicaba a superioridade amosada polo conxunto pontés durante os corenta os minutos.

 

CATEGORÍAS BASE

Domingo cheo de encontros para os equipos de base

Tódolás categorías de base disputaran na xornada do domingo os seus respectivos encontros como locais agás os Alevíns e Infantís da Preferente Futgal que aprazaron os seus encontros. Ditos encontros repartense como a continuación se indica.

Domingo día 6

Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga (As Pontes)

  • 9ª XORNADA 2ª FASE LIGA PRIMEIRA FUTGAL FERROL F.S.

Ás 10:00 h.  O ESTEO F.S. BENXAMÍN – NARON FUTSAL

Ás 11:00 h.  O ESTEO F.S. PREBENXAMÍN – NARON FUTSAL

Ás 12:00 h.  O ESTEO F.S. ALEVÍN “B” – CIDADE DE NARON “A”

  • 3ª XORNADA COPA PRIMEIRA FUTGAL FERROL F.S.

Ás 13:00 h.  O ESTEO INFANTIL “B” – C.M.I. UNIDADE DE FENE F.S. | ALUMINIOS ROBERTO

  • 24ª XORNADA LIGA PRIMEIRA FUTGAL SENIOR

 Ás 17:00 h.  O ESTEO F.S. “B” – RESTAURANTE GALICIA  A GOLADA F.S.

 

Artigos relacionados

PATROCINADORES