Imaxe do encontro da pasada xornada | Xose Ferreiro
Os ponteses rematan a tempada co desprazamento a Benavente
Mañá, sábado os ponteses desprazaranse ata a localidade zamorana de Benavente para disputar, ás seis da tarde, o encontro correspondente á trixésima e derradeira xornada da tempada 2024/2025 na Segunda División B.
Derradeiro encontro oficial da tempada para os ponteses, onde se enfrontaran a un equipo situado na segunda posición da táboa clasificatoria empatado a puntos có líder o Stellae Leis Pontevedra, verdugo dos propios benaventanos a pasada xornada, e tan só un punto por riba do Grupo Forma-t Vilalba terceiro. Calquera destes tres equipos que pode ser campión de liga ao final desta emocinante xornada, de transistores, na que todo está por decidir en canto as tres primeiras posicións.
Os xogadores que dirixe Ivan López queren rematar a competición con boas sensacións, competindolle de ti de ti a un dos colideres da liga e, porque non, conseguir algo positivo nunha pista compricada de donde se escaparon poucos puntos ao longo de toda a tempada. O Caja Rural Atlético Benavente loitará tamen por facerse coa vitoria para tentar quedar entre os dous primeiros da clasificación final e ter o factor campo ao seu favor na primeira eliminatoria de ascenso á Segunda Divisón.
Os benaventanos contan cun amplo plantel de xogadores con moita experiencia na categoría, en categorías superiores e incluso no extranxeiro forman un conxunto moi competitivo a tódolos niveis.
Como ven sendo habitual durante toda a tempada, o adestrador dos ponteses, Iván López, deixaba as súas impresións o encontro «podería considerarse un “marron”, o encontro de maña sábado, no sentido de que son tres horas de viaxe a Benavente para disputar un partido onde xa non te xogas nada nin para nin para abaixo”. Expresaba tamen que “imos tentar ser o mais profesionais posibles, competir e sair a polos tres puntos como fixemos sempre, sendo concientes do que se está xogando o rival”. Por último facía un pequeno balance do que foi tempada dicindo que “ao principio da mesma firmaríamos estar onde estamos, salvando a categoría con seis xornadas de antelación, pero visto o visto ao final puidemos estar pelexando por estar tres ou catro postos mais arriba na clasificación… Estamos contentos co traballo do equipo, co que foi a tempada pero persoalmente gustariame ter pelexado un pouco mais… Quitando isto, acabo a tempada, como veño dicindo sempre, estou moi contento a nivel de adestramentos e do comportamento dos xogadores tanto persoal como có traballo no día a día. Creo que fixemos un grupo moi bo onde destacou a boa sintonía e ben estar que o final é o que nos levou a conseguir o noso principal obxetivo, a salvación, con tanto tempo de antelación“.
No encontro da primeira volta disputado no pavillón pontés de A Fraga o Caja Rural Atlético Benavente conseguía facerse cós tres puntos vencendo con claridade por 2 goles a 6.
CATEGORÍAS BASE
Tan só dous equipos disputaran os seus respectivos encontros o domingo á maña no Pavillón Monte Caxado, xogando os Infantís “B” como visitantes ante o Lago Sport no derbi local da Copa e os Alevíns “B” que comezan a súa participación en dita competición copeira.
Os encontros repartense como acontiuación se indica:
Domingo día 4
Pavillón Monte Caxado (As Pontes)
* 6ª XORNADA COPA PRIMEIRA FUTGAL F.S.
Ás 11:15 h. LAGO SPORT | LUJO CARLIN “B” – O ESTEO F.S. INFANTIL “B”
* OITAVOS DE FINAL COPA PRIMEIRA FUTGAL F.S.
Ás 12:15 h. O ESTEO F.S. ALEVÍN “B” – A.D.C.R. SANTA MARIÑA
Artigos relacionados
PATROCINADORES





