Imaxe de arquivo O Esteo F.S.
Os ponteses buscaran facerse fortes na casa e sumar tres novos puntos
Maña sábado ás seis da tarde, o Pavillón Polideportivo Municipal da Fraga (As Pontes) volverá a acoller un novo encontro da Segunda División B de Fútbol Sala. O Esteo F.S. recibe ao Caja Rural Atlético Benavente F.S. na sexta xornada da presente tempada, nun encontro que promete intensidade, emoción e bo xogo dende o comezo e onde ámbolos dous conxuntos loitaran polos tres puntos para consolidarse na parte alta da táboa clasificatoria.
O conxunto pontés chega coa intención de reencontrarse coa súa mellor versión diante da súa afección, logo dun inicio de tempada competitivo pero irregular. Os de As Pontes confían no apoio da bancada e na solidez do grupo para facerse fortes na casa e continuar sumando de tres en tres.
Pola súa parte, o conxunto benaventano, un dos equipos con máis experiencia da categoría, viaxará disposto a poñer a proba a fortaleza dos locais. O cadro zamorano destaca pola súa intensidade defensiva e pola capacidade de aproveitar calquera erro rival, polo que se agarda un partido igualado e de ritmo alto.
Despois do derradeiro adestramento da semana, adestrador dos ponteses, Iván López, falaba de como afronta o equipo o compricado encontro de maña sábado “afrontamos un novo desafío na casa logo da solvente vitoria que colleitamos a pasada xornada en Asturias e que nos serviu para resarcirnos da derrota diante do Xove” Continuaba expresando que “maña, baixo o meu punto de vista, teremos un encontro de dificultade extrema ante un rival que xa tiña moi bo equipo a pasada tempada e coas novas incorporacións que fixo ao plantel, fan que sexa un dos candidatos ao ascenso”. Tamen comentaba que “nos intentaremos xogar as nosas bazas, adestramos durante toda a semana para competir o mellor posible e para que este encontro nos sirva de punto de inflexión, que non se nos escapen mais puntos de A Fraga polo que temos dar ese salto e competir como o estamos a facer fóra da casa”. Para rematar tamen decía que “o equipo esta mais que preparado para afrontar esta batalla e loitar para que os tres puntos se queden na casa”.
Dende o clube fan un chamamento a afección para que acuda ao pavillón pontés a presenzar e animar aos seus, nun encontro que promete emocións fortes e bó xogo.
As entradas para presenzar este encontro teñen os seguintes prezos:
➡️ Socios: Gratis
➡️ Non socios maiores de 18 anos: 7 Euros
➡️ Non socios entre 14 e 18 anos: 3 Euros
➡️ Menores de 14 anos: Gratis
➡️ Pais,nais e nenos da escola do club: Gratis
CATEGORÍAS BASE
Esta fin de semana comeza unha nova tempada na Primeira Futgal Ferrol onde esta tempada participaremos tan só en tres categorías: Cadete, Alevín e Benxamín, mentras que o Filial e os equipos da Preferente Futgal continúan o periplo nas súas competicións. Tódolos equipos xogaran como locais e farano da seguinte maneira.
Sábado 18 de Outubro
- Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga (As Pontes)
– 1ª XORNADA DA PRIMEIRA FUTGAL FERROL F.S.
Ás 16:00 h. O ESTEO F.S. BENXAMÍN – O PARRULO B | EL CLAVEL 2.0
Domingo 19 de Outubro
- Pavillón Monte Caxado (As Pontes)
– 1ª XORNADA DA PRIMEIRA FUTGAL FERROL F.S.
Ás 10:00 h. O ESTEO F.S. CADETE – CARANZA F.S. | BARBERÍA LOS FORAJIDOS
– 6ª XORNADA DA PREFERENTE FUTGAL F.S.
Ás 11:15 h. O ESTEO F.S. ALEVÍN “A” – S.D.C. e R. NARÓN O FREIXO
Ás 12:30 h. O ESTEO F.S. INFANTIL “A” – S.D.C. e R. NARÓN O FREIXO
– 4 ª XORNADA DA PRIMEIRA FUTGAL SENIOR F.S.
Ás 16:00 h. O ESTEO F.S. “B” – CLUB F.S. ALAMEDA XARÍO
Dende o club animan á afeción para que se achegue aos pavillóns ponteses a presenzar os encontros e dar folgos aos seus sabendo que a entrada é de balde.
Artigos relacionados
PATROCINADORES





