Imaxe da pretempada | O Esteo F.S.
Os ponteses tentaran sumar os seus tres primeiros puntos
A espera rematou. Esta fin de semana dará comezo unha nova tempada na Segunda División B, e os de As Pontes reciben maña sábado, ás seis e media da tarde no Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga a visita do conxunto vallisoletano do C.D. Tierno Galván que a pasada tempada logrou o ascenso á categoría de bronce do Futbol Sala español, no que promete ser unha estrea ligueira vibrante.
Tras unha pretemporada corta pero esixente, marcada por enerxías renovadas e algúns axustes no plantel, o conxunto pontés pretende comezar con forza e converter o pavillón municipal nunha fortaleza dende a primeira xornada.
Pola súa banda, os vallisoletanos que recentemente lograron o acenso á categoría, chegan coa mesma ambición: comezar cunha vitoria e demostrar que serán un equipo a ter en conta esta tempada. O seu novo pero talentoso plantel buscará sorprender nun duelo que se prevé cheo de emoción e moitos goles.
Ambos os equipos saben ben, que aínda que só é o seu primeiro partido, cada punto conta nunha competición cada vez máis esixente e igualada. O adestrador local, Iván López, comentaba que “sobre o papel a xente dirá que o C.D. Tierno Galvan é un recen ascendido e que temos a obligación de gañar, pero vamonos encontrar a un rival moi xoven e con calidade que nos vai esixir estar concentrados durante todo o encontro” tamen decía que “xa de por sí o primeiro partido de liga na casa é compricado, ainda o é mais ante un rival destas características, polo que ademáis tamen teremos que estar preparados mentalmente para afrontar o encontro”. Por último decía “estou moi contento do rendemento do equipo durante a pretempada e confío en que os rapaces manteñan a intensidade e o compromiso amosados durante estas últimas semanas, para tentar de sumar os nosos tres primeiros puntos”.
A afección está chamada a xogar o seu papel dende as bancadas, por iso se lle fai un chamamento dende o clube para que acuda ao pavillón pontés a apoiar e animar a un equipo que quere soñar en grande dende o primeiro minuto.
Dende o club recordan que tódalas persoas que o desexen que ainda se poden facer socios do club, por un custe de 50€, o sábado a partir das 17:30 h. na entrada do Pavillón Polideportivo Municipal.
CATEGORÍAS DE BASE
Esta fin de semana tamen dará comezo unha nova tempada para as competicións de base a nivel autonómico e tanto os Alevíns como os Infantís estraranse como locais recibindo o domingo á tarde ao conxunto santiagués do Alto do Vento F.S.
Horarios do Domingo día 14
* 1ª XORNADA PREFERENTE FUTAL
Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga (As Pontes)
Ás 17:00 h. O ESTEO F.S. ALEVÍN “A” – ALTO DO VENTO F.S. EIMA CAFÉ & COPAS
Ás 18:30 h. O ESTEO F.S. INFANTIL “A” – ALTO DO VENTO F.S. FINK ORFEBRES
Artigos relacionados
PATROCINADORES











