Imaxe da eliminatoria de Cuartos de Final da Copa Galicia do pasado Martes | Xose Ferreiro

Os de As Pontes viaxaran na procura de tres puntos importantes

Maña sábado os ponteses desprazaranse ata a localidade salmantina de Alba de Tormes para enfrontarse ao Piensos Duran Albense no encontro correspondente á décimo terceira xornada de liga na Segunda División B. Dito encontro comezará ás seis da tarde no Pavillón Municipal de Alba de Tormes.

O conxunto pontés, tras unha semana esixente a nivel competitivo, chega a esta cita coa intención de voltar á senda da vitoria logo de levar catro encontros sen logralo incluindo o deste martes nos cuartos de final da Copa Galicia, un encontro, este último, no que o equipo loitou pero non foi quen de manter o ritmo dun rival de Primeira División. O vestiario insiste en que o equipo debe aproveitar esta nova xornada para reencontrarse co seu mellor nivel.

En fronte estará un Piensos Durán Albense F.S. sempre competitivo na casa, sólido no seu pavillón e cun estilo de xogo moi vertical que obriga aos rivais a manter a concentración durante todo o encontro. Os salmantinos acostuman a imprimir moita intensidade, polo que os ponteses terán que amosar a súa firmeza defensiva, controlar as transicións e ser máis eficaces nas finalizacións que nos últimos partidos.

O técnico dos de As Pontes, Iván López, subliñou durante a semana a importancia de reforzar a identidade do equipo e competir con personalidade nunha pista sempre compricada. “O Piensos Dura Albense é un equipo moi sólido na casa, que imprime moito ritmo e ao que é difícil sorprender”. Continuaba decindo “Nós chegamos con gañas de competir ben fóra da casa e mostrar a nosa mellor versión sabendo que teremos que estar moi serios en defensa, manexar ben as transicións e aproveitar as ocasións que teñamos”. Por último expresaba que “vai a ser un encontro esixente, pero imos con confianza no traballo feito durante a semana e coa intención de traer un resultado positivo para As Pontes.

A expedición viaxa con ilusión e co obxectivo de transformar as boas fases de xogo amosadas nos últimos encontros en puntos que lle permitan continuar nos postos altos da táboa clasificatoria.

O encontro preséntase, en definitiva, como unha boa oportunidade para que os ponteses dean un paso adiante, recuperen a confianza e encaren o tramo final da primeira volta da mellor maneira posible.

 

CATEGORÍAS BASE

Fin de semana sen encontros para as categorías de base, tan só os Cadetes disputaran o vindeiro Luns o derbi local corresponde á Copa da Primeira Futgal.

Luns día 8 de Decembro

8ª Xornada Primeira Futgal

Ás 18:00 h.  O ESTEO F.S. CADETE – 11TEAMSPORT LAGO SPORT “B”

Artigos relacionados

PATROCINADORES