Imaxe dun tempo morto no encontro do pasado Venres ante o Sibuscacoche Ribeira F.S.

Os ponteses buscan dar continuidade á boa xeira de resultados pola que estan a atravesar

O Esteo viaxa, hoxe Venres, ata Noia para disputar, ás 21:30 h., no Pavillón Municipal Agustín Mourís de dita localidade, o encontro adiantado correspondente á décimo novena xornada de liga na Segunda División B ante o filial do Noia Portus Apostoli.

Tras encadear tres vitorias consecutivas neste inicio da Segunda Volta da competición, os ponteses afrontan este novo encontro coas gañas e a ilusión de dar continuidade á boa xeira de resultados pola que estan a atravesar ante un rival, que como todo equipo filial, está formado por xogadores xovenes de gran proxección no mundo do futbol sala.

Noises e ponteses xa se viron as caras en dúas ocasións nesta tempada, as dúas en As Pontes, a primeira en pretempada que rematou con vitoria noiesa (2-8) e a segunda na liga que remataría en empate (4-4) nun encontro onde se mantivo a emoción e igualdade ata os derradeiros intres do mesmo.

Ambos conxuntos chegan a este encontro separados por tan só dous puntos de diferenza,  nunha zona media da táboa clasificatoria con cinco equipos neses dous puntos o que dá unha idea da igualdade existente nesa parte da clasificación, polo que os dous conxuntos buscaran a vitoria para manterse o mais arriba posible na mesma xa que os catro primeiros clasificados parecen inalcanzables.

Despois do derradeiro adestramento da semana, Iván López adestrador do conxunto pontés, deixaba as súas impresións sobre este encontro “hoxe temos un encontro compricado nunha pista moi compricada ante un rival que agora podemos considerar direto na loita pola quinta praza que nestes intres ocupan eles”.  Continuaba dicindo que “creo que somos os dous equipos revelación deste inicio da segunda volta en canto á boa dinámica de resultados que estamos tendo e que nos xogamos moito ámbolos dous conxuntos a nivel de tranquilidade, xa que unha vitoria podería proporcianar virtualmente a salvación da categoría”. Expresaba tamen que “afrontamos o encontro con moitas gañas, cunha boa semana de traballo e unha xeira de tres vitorias consecutivas que anímicamente axudanos moito, pero sabemos que nos vamos encontrar un rival moi compricado e agresivo con varios xogadores en dinámica do primeiro equipo adestrando toda a semana” . Por último dicia “teremos que ser listos, levar o encontro onde queremos para tratar de conseguir os tres novos puntos”.

CATEGORÍAS BASE

Nova xornada de liga para os equipos da base que se reparten entre as tardes do sábado e do domingo da seguinte forma.

Sábado día 1

Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga (As Pontes)

 – 15ª XORNADA LIGA PRIMEIRA FUTGAL

Ás 16:15 h.   O ESTEO F.S. “B” – A BAÑA FUTSAL

– 17ª XORNADA PREFERENTE FUTGAL

Ás 18:00 h.  O ESTEO F.S. ALEVÍN “A” – CLUB DEL MAR SAN AMARO

Ás 19:30 h.  O ESTEO F.S. INFANTIL “A” – CLUB DEL MAR SAN AMARO

– 4ª XORNADA SEGUNDA FASE PRIMEIRA FUTGAL FERROL

 Pavillón Municpal de A Gándara (Narón)

 Ás 17:00 h.  CIDADE DE NARON “A” – O ESTEO F.S. ALEVÍN “B”

Domingo día 2

– 4ª XORNADA SEGUNDA FASE PRIMEIRA FUTGAL FERROL

 Pavillón Campo da Serra (Narón)

Ás 16:00 h.  NARON FUTSAL – O ESTEO F.S. PREBENXAMÍN

Ás 19:00 h.  NARON FUTSAL – O ESTEO F.S. BENXAMÍN

– 6ª XORNADA SEGUNDA FASE PRIMEIRA FUTGAL FERROL

 Pavillón Monte Caxado (As Pontes)

Ás 20:00 h.  O ESTEO F.S. INFANTIL “B” – C.M.I. UNIDADE DE FENE | SOOS MAQUINARIA “B”

Artigos relacionados

PATROCINADORES