Imaxe do encontro do pasado sábado | Xose Ferreiro
Os ponteses buscan dar continuidade ao bo momento polo que atravesan
O Esteo F.S. afronta este sábado un novo compromiso de liga coa visita ao filial do Noia Portus Apostoli, nun encontro que se disputará ás 19:45 h. no Pavillón Municipal Agustín Mourís de Noia. O partido preséntase como un desafío esixente ante un rival competitivo e con moita ambición.
O conxunto pontés chega á cita coa intención de dar continuidade ás boas sensacións das últimas xornadas, nas que o equipo amosou unha notable mellora no xogo colectivo. O adestrador de O Esteo incidiu ao longo da semana na importancia de seguir mantendo a intensidade e a concentración amosadas nestes últimos encontros para poder impoñerse a un rival que, malia ser un filial, conta con xogadores de calidade e con gran proxección de futuro.
Pola súa banda, o Noia Portus Apostoli B chega a este encontro tras caer derrotado a pasada xornada na súa visita ao IES Coruxo polo que buscará aproveitar o factor cancha e o apoio da súa afección para voltar á senda do triunfo e continuar sumando puntos como local, nun pavillón que sempre resulta compricado para os equipos visitantes.
“Nova xornada de liga e outra saída compricada ante un equipo filial formado por xogadores xovenes con calidade e que lle gusta ter o balón.” “Despois dunha boa semana de adestramentos, viaxamos ata Noia con gañas de seguir puntuando e seguir facendo o noso traballo ante un rival compricado”. “Vamos intentar xogar as nosas bazas para tratar de facernos cos tres puntos e continuar coa boa dinámica de resultados, pero sobre todo de xogo, para ver a onde podemos chegar”. Estas eran as verbas do adestrador dos de As Pontes, Iván López, depois do derradeiro adestramento da semana.
Con ambos conxuntos separados por tan so un punto na clasificación, os ponteses con 13 e os noieses con 12, o duelo promete ser disputado, dinámico e cheo de emoción, no que cada detalle pode resultar decisivo para o desenlace final do mesmo.
CATEGORÍAS BASE
Xornada de Domingo cargada de encontros a domicilio para as categorías de base comezando ás 10:00 h. e rematando ás 20:00 h. A continuación expoñense as horas, os encontros e os lugares de celebración dos mesmos.
Domingo día 26 de Outubro
2ª Xornada Primeira Futgal Ferrol
- Pavillón Municipal de A Malata (Ferrol)
Ás 10:00 h. O PARRULO | NARÓN SEGUR “C” – O ESTEO F.S. ALEVÍN “B”
- Pavillón O Ensanche (Ferrol)
Ás 18:00 h. CARANZA F.S. | CAFETERÍA AUDITORIO 27 “B” – O ESTEO F.S. BENXAMÍN
- Pavillón Municipal Campo da Serra (Narón)
Ás 20:00 h. NARÓN FUTSAL – O ESTEO F.S. CADETE
5ª Xornada Primeira Futgal Senior
- Pavillón Municipal de Boqueixón
Ás 12:00 h. ULTREIA O PINO F.S. – O ESTEO F.S. «B»
7ª Xornada Preferente Futgal
- Pavillón Casa do Deporte (Lugo)
Ás 11:00 h. C.P. CASÁS – O ESTEO F.S. ALEVÍN “A”
Ás 12:30 h. C.P. CASÁS – O ESTEO F.S. INFANTIL
Artigos relacionados
PATROCINADORES













