Imaxe do encontro ante o C.D. Albense | Xose Ferreiro

Ambos conxuntos pelexaran por colocarse en solitario no segundo posto da clasificación

Os ponteses afrontaran, hoxe venres ás oito da noite, un importante compromiso ligueiro no Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga, onde recibirá ao conxunto vallisoletano do C.D. Tierno Galván nun encontro adiantado á sétima xornada da tempada 2026/2027 da Segunda División B de Fútbol Sala.

O encontro preséntase como un dos duelos máis atractivos da xornada, xa que ámbolos dous equipos chegan igualados a puntos aínda que os vallisoletanos ocupan a segunda posición da clasificación, mentres que os ponteses son terceiros. Esta igualdade engade un atractivo especial a un choque no que os dous conxuntos buscarán sumar tres puntos importantes para continuar instalados na zona alta da táboa.

O equipo dirixido por Iván López terá diante un rival esixente,  formado por xogadores xovenes con moito un para un, con moita velocidade, traballo e sacrificio polo que será fundamental manter a concentración durante os corenta minutos, minimizar os erros e aproveitar as ocasións de gol que se presenten. A intensidade, o traballo colectivo e a capacidade para competir en cada acción poden resultar determinantes nun encontro no que os pequenos detalles poderían marcar a diferenza.

Os ponteses tratarán de facer valer o factor cancha e o apoio da súa afección para superar a un CD Tierno Galván que chega situado por diante na clasificación, pero co mesmo número de puntos. Unha vitoria permitiríalle a O Esteo dar un paso importante na súa loita por manterse entre os equipos máis destacados do grupo 1 da Segunda División B.

Todo está preparado, polo tanto, para vivir un encontro de máxima esixencia e emoción, no que unha vez mais os ponteses buscaran ofrecer a súa mellor versión diante da súa afección e sumar así tres novos puntos que reforcen o bo traballo do equipo neste tramo de competición.

Tras esta semana de adestramentos o técnico de O Esteo, Ivan López, comentaba que “Despois da vitoria da pasada xornada ante un equipo chamado a estar nos postos altos da clasificación como é o Lugo Sala. Sabemos que o de hoxe vai ser un encontro moi compricado ante un rival que xa se salvou a pasada tempada e viase que ia ir a mais e os resultados estan aí, ao final ocupan a segunda posición, aínda que igualados con nos a doce puntos. Iso demostra a importancia que pode ter este encontro para os dous equipos”. Tamen sinalaba a importancia de xogar en As Pontes “Xogamos na casa e queremos aproveitar esa circunstancia para competir ao máximo e tentar de conseguir os tres puntos. Para iso teremos que saír moi concentrados dende o primeiro minuto, manter unha intensidade alta e evitar erros que poidan penalizarnos ante un equipo que seguramente nos vai esixir moito”. Por último expresaba que “traballamos moi ben esta semana a pesar dalgunha baixa que tivemos pero estamos preparados sobre todo anímicamente para afrontar este encontro con garantías e facer que os tres puntos se queden en As Pontes.”.

Dende o club agardan que a afección pontesa acompañe ao equipo e o axude dando ese plus que sempre se nota cando se xoga no pavillón pontés, sabendo que o prezo das entradas é o mesmo de sempre e que se poden adquirir anticipadamente na plataforma CLUBER (enlace na historia da conta de Instagram do club) ou na entrada do pavillón antes de que comece o encontro.

ENTRADAS

➡️ Socios: Gratis
➡️ Non socios maiores de 18 anos: 7 Euros
➡️ Non socios entre 14 e 18 anos: 3 Euros
➡️ Menores de 14 anos: Gratis
➡️ Pais, nais e nenos da escola do club: Gratis.

CATEGORÍAS BASE

Nova xornada de liga para os equipos de base nunha fin de semana na que disputaran tódolos seus encontros como locais repartidos do seguinte xeito: tres no Pavillón Monte Caxado na tarde do sábado e outros tres na tarde do domingo no Pavillón Polideportivo Municipal

Sábado día 31 de Outubro

Pavillón Monte Caxado

3ª Xornada Copa Primeira Futgal

Ás 16:30 h.  O ESTEO F.S. BENXAMÍN – C.D. ESTRELLA A SOLAINA “A”

8ª Xornada Preferente Futgal

      Categoría Alevín

Ás 17:45 h.   PRINK – O ESTEO F.S. – CLUB MELIDE FUTBOL SALA

Categoría Infantil

Ás 19:00 h.   BAR JARDÍN – O ESTEO F.S. – CLUB F.S. ALAMEDA XARIO

Domingo día 1 de Novembro

Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga

3ª Xornada Copa Primeira Futgal

Ás 17:00 h.  O ESTEO F.S ALEVÍN – A.D.C.R. SANTA MARIÑA/MAS DEPORTE

ÁS 19:30 h.  O ESTEO F.S. XUVENIL – YEDAMMA F.S. PONTEDEUME

8ª Xornada Preferente Futgal

Categoría Cadete

Ás 18:15 h.  PINTURAS CLX – O ESTEO F.S. – CLUB MELIDE FUTBOL SALA

Artigos relacionados

PATROCINADORES