Imaxe do encontro da pasada xornada | Xose Ferreiro
Os ponteses buscarán en Lugo unha vitoria que lles permita manterse nos postos altos da clasificación.
O equipo pontés desprázase maña sábado ata Lugo para afrontar, ás cinco e media da tarde no Pavillón Municipal dos Deportes de dita cidade, outro encontro esixente correspondente á sexta xornada Segunda División B, ante a ADC Lugo Sala, coa intención de continuar sumando puntos fóra da casa.
O equipo dirixido por Iván López afronta o encontro lonxe da casa ante un rival que a pesar de que non comezou ben a tempada ven de menos a mais e seguro que rematará facendo unha boa tempada.
O conxunto lucense formado por xogadores xovenes con gran proyección e moitas gañas de aprender que mistura con xogadores veteranos con experiencia contrastada en categorías superiores contará co apoio da súa afección para tratar de facer valer o factor pista.
Os de As Pontes deberán competir con orde desde o inicio, terán que manter a solidez defensiva, limitar as perdas, aproveitar as ocasións de gol e impedir que os lucenses impoñan o seu ritmo. Nunha categoría igualada, a eficacia nas áreas pode marcar a diferenza.
Este encontro supón unha nova proba para o conxunto pontés, que tratará de ofrecer unha actuación competitiva nunha pista esixente.
Logo da derradeira sesión de adestramentos da semana o adestrador dos ponteses, Iván López, destacaba a complexidade do encontro “Despois dunha gran vitoria na casa a pasada xornada contra o Albense, que moralmente nos veu moi ben, maña sábado agárdanos un encontro compricado ante un rival forte na súa pista, onde teremos que saír concentrados dende o primeiro minuto, competir cada balón e evitar erros que poidan custarnos caro”. Tamen expresaba a necesidade de manter a identidade “Deberemos ser nos mesmos, durante a semana preparamos o encontro para tentar conseguir os tres puntos sabendo que vai ser compricado pero viaxamos coa intención de facer un bo encontro para poder sumar en Lugo”. Por último sinalaba que “Defensivamente temos que ir a un resultado corto porque senon sabemos que nos vai costar moito, polo que será importante axudarnos en cada acción, traballar en equipo e aproveitar as ocasións que teñamos mantendo a orde durante os corenta minutos. Se competimos unidos, teremos opcións de traer un resultado positivo para As Pontes”.
O encontro poderase seguir en direto pola plataforma de streaming tiivii.gal.
CATEGORÍAS BASE
O vindeiro domingo tódalas categorías base do clube disputaran os respectivos encontros a domicilio agás o equipo cadete que ten xornada de descanso debido ao abandono da competición do seu rival.
Domingo día 25 de Outubro
7ª Xornada Preferente Futgal
-Pavillón Municipal de As Lagoas (Narón)
Categoría Alevín
Ás 12:15 h. S.D.C e R. NARÓN O FREIXO “A” – PRINK – O ESTEO F.S.
Categoría Infantil
Ás 18:00 h. S.D.C e R. NARÓN O FREIXO “A” – BAR JARDÍN – O ESTEO F.S.
2ª Xornada Copa Primeira Futgal
-Pavillón Municipal A Xunqueira (Fene)
Ás 12:00 h. C.M.I. UNIDADE DE FENE F.S. | HUDIAR “D” – O ESTEO F.S. ALEVÍN
-Pavillón Polideportivo de Ares
Ás 16:00 h. CLUB ARES FUTSAL | PUB O LUGAR – O ESTEO F.S. BENXAMÍN
-Pavillón do Ensanche (Ferrol)
Ás 19:30 h. A.D.C.R. SANTA MARIÑA – O ESTEO F.S. XUVENIL
Artigos relacionados
PATROCINADORES













