Imaxe do encontro disputado o pasado sábado en As Pontes | Xose Ferreiro

O conxunto pontés visita maña sábado ao Exlabesa Leis Pontevedra FS na segunda xornada da competición

Os ponteses afrontan maña sábado, 26 de setembro, o seu segundo compromiso da tempada. Desprazaranse ata Pontevedra para enfrontarse, ás cinco da tarde, ao Exlabesa Leis Pontevedra FS, actual campión de liga, no Pavillón Municipal Monte Carrasco.

A cita supón unha das primeiras grandes esixencias do curso para o conxunto pontés, que se enfrontará a un rival que a pasada tempada conquistou o título e que parte novamente entre os principais candidatos a ocupar os postos altos da clasificación.

O encontro obrigará aos de Iván López a manter a intensidade e a concentración durante os corenta minutos. A solidez defensiva, a capacidade para gañar os duelos individuais e o acerto nas accións de ataque serán determinantes ante un equipo que adoita mostrar un elevado nivel competitivo como local.

O técnico dos ponteses destaca a dificultade do compromiso, pero tamén a ilusión do equipo por afrontar este tipo de encontros  “Sabemos perfectamente o rival que temos diante. O Leis é o actual campión de liga e conta cun equipo moi competitivo, polo que teremos que facer un partido moi completo para ter opcións de sacar algo positivo de Pontevedra”. Tamen considera fundamental manter a concentración durante todo o encontro “Temos que ser capaces de competir os corenta minutos, minimizar os erros e aproveitar as nosas oportunidades. Contra equipos deste nivel, calquera desconexión pode custar moi caro”. Neste sentido, o técnico confía no traballo realizado polo seu equipo durante a semana e agarda que os xogadores afronten o partido con personalidade “Imos con moitas gañas e coa intención de competir. Sabemos que será compricado, pero tamén son partidos que nos deben servir para medrar como equipo. Temos que saír sen complexos, ser fieis ao noso xogo e loitar por cada balón desde o primeiro ata o último minuto”.

O Esteo buscará ofrecer unha actuación sólida, competir ata o final e regresar con algún resultado positivo que lle permita reforzar a confianza neste inicio de competición. Para iso, deberá evitar as desconexións e manterse concentrado desde o asubío inicial ante un adversario que esixirá o máximo nivel.

Novo reto para o conxunto pontés nunha tempada que acaba de comezar e na que cada punto pode resultar decisivo.

CATEGORÍAS BASE

Nesta fin de semana os equipos da base que estan inmersos en competición disputaran dous encontros o sábado e un o domingo todos eles a domicilio nos seguintes horarios e lugares.

3ª Xornada Preferente Futgal

  • Sábado día 26

Pavillón Municipal J.M. Valeiro Iglesias “Tocayo” (Betanzos)

Categoría Alevín

Ás 16:30 h.   Troula Betanzos F.S. – Prink – O Esteo F.S.

Categoría Infantil 

Ás 20:00 h.   Troula Betanzos F.S. – Bar Jardín – O Esteo F.S.

  • Domingo día 27

 Categoría Cadete

Pavillón Municipal As Fontiñas (Santiago)

Ás 17:45 h.   Victoria F.C. – Pinturas CLX – O Esteo F.S.

Artigos relacionados

PATROCINADORES