Imaxe do encontro do pasado sábado | Xose Ferreiro
Coruñeses e ponteses volverán a poñerse fronte a fronte apenas unha semana despois do seu duelo na Copa Galicia.
Os ponteses afrontan maña sábado, o encontro da cuarta xornada tempada 26/27, un novo compromiso a domicilio que os levará ata o Pavillón Municipal Novo Mesoiro (A Coruña), onde a partir das cinco e media da tarde se medirán ao 5 Coruña F.S.
O encontro preséntase como un novo capítulo dun duelo onde os dous equipos xa coñecen ben esta campaña, xa que ponteses e coruñeses enfrontáronse, fai dez días na rolda de oitavos de final da Copa Galicia este precedente fai que ambos os conxuntos cheguen a esta cuarta xornada coñecéndose mellor e sabendo das dificultades que pode presentar o rival.
Os de As Pontes buscaran darlle a volta á situación pola que estan a pasar dandolle continuidade ao traballo realizado durante a semana de adestramentos para sumar tres puntos importantes nunha pista sempre esixente. Para iso, será fundamental manter a intensidade, a concentración e o equilibrio durante os corenta minutos, especialmente ante un rival que tratará de aproveitar o apoio da súa afección para facerse forte como local.
O conxunto pontés chega a esta cita coa intención de ofrecer a súa mellor versión e competir polo triunfo dende o primeiro minuto. A igualdade e a intensidade propias dos enfrontamentos entre ambos os equipos fan prever un encontro disputado, no que os pequenos detalles poden acabar sendo decisivos.
Tra-lo derradeiro adestramento desta semana o técnico dos ponteses, Iván López, destacaba a importancia de afrontar o encontro de maña coa máxima concentración posible, especialmente tendo en conta que ambos os equipos xa se coñecen tras o seu recente enfrontamento copeiro “vai ser un encontro diferente ao da Copa, pero o feito de que xa nos enfrontásemos fai que nos coñezamos mellor. O 5 Coruña é un equipo xoven e competitivo con xogadores de moita calidade, que na súa pista vai esixirnos moito e que non podemos cometer erros. Temos que saír concentrados dende o inicio, competir cada balón e manter a intensidade durante todo o encontro.” Tamen expresaba que “a derrota da pasada xornada na casa doenos bastante pero tamen nos serviu de punto de inflexión para completar unha boa semana de adestramentos o que fai que vaimos con mais gañas e intensidade das que xa tiñamos de cara ao encontro de maña”. Por último tamén incidía na necesidade de que o equipo manteña a súa identidade “Queremos competir cada xornada por conseguir os tres puntos sabendo que será compricado, pero viaxamos ata A Coruña con ilusión e coa intención de facer un bo encontro. Se somos fieis ao noso estilo e traballamos todos xuntos, teremos as nosas opcións de conseguir a vitoria.”
CATEGORÍAS BASE
Nova xornada para os equipos de base da Preferente Futgal que o domingo se desprazaran a Santiago para disputar os encontros da quinta xornada da competición. Os horarios son os seguintes:
5ª Xornada Preferente Futgal
Domingo día 11
Pavillón Municipal Santa Isabel (Santiago)
Categoría Alevín
Ás 16:15 h. Alto do Vento F.S. – Eima Café & Copas – Prink – O Esteo F.S.
Categoría Infantil
Ás 17:45 h. Alto do Vento F.S – Fink Orfebres – Bar Jardín – O Esteo F.S.
Categoría Cadete
Ás 19:00 h. Alto do Vento F.S. – Talleres Jesús Sánchez – Pinturas CLX – O Esteo F.S.
Artigos relacionados
PATROCINADORES













