Imaxe do encontro ante o Grupo Format Vilalba F.S. | Xose Ferreiro
Os ponteses afrontan con ilusión o reto ante os mariñáns
Maña Martes 11 de Novembro, a partir das 21:00 horas, o Pavillón Polideportivo Municipal da Fraga (As Pontes) acollerá un novo compromiso copeiro para O Esteo F.S., que recibirá á S.D. Xove F.S. no encontro da terceira rolda da XXXIV edición da Copa Galicia de Fútbol Sala correspondente aos oitavos de final.
O conxunto pontés afronta esta eliminatoria coa ilusión de continuar avanzando nunha competición sempre especial, na que o apoio da afección local pode resultar determinante. Os de As Pontes tratarán de impor o seu ritmo e aproveitar o factor pista ante un rival esixente como o cadro mariñán, habitual nas roldas finais do torneo autonómico.
Pola súa banda, a S.D. Xove F.S., que foi o única escadra capaz de derrotar aos ponteses no que vai de tempada, chega a este encontro coa intención de dar un paso máis na Copa e poñer en dificultades aos de As Pontes nun duelo que promete intensidade e bo Fútbol Sala dende o primeiro minuto.
O técnico dos ponteses, Ivan López, confía en que o equipo manteña o nivel competitivo e amose o seu carácter para dar continuidade ao bo traballo que se ven desenvolvendo nas últimas semanas no campionato de liga. “Afrontamos este encontro como unha boa oportunidade para seguir medrando como equipo, consolidar o traballo colectivo e a identidade do grupo”. Continuba expresando “queremos manter o ritmo competitivo e, por suposto, loitar por pasar de rolda sabendo que o Xove vainos poñer as cousas moi difíciles”. Por último engadía que “chegamos con confianza e con gañas de facer un bo encontro diante da nosa afección”.
Ambos equipos veñen de facer os deberes na última xornada de liga, tras gañar os seus encontros a domicilio, polo que se agarda un encontro vibrante e igualado, cun billete para os cuartos de final en xogo e dous equipos con gañas de amosar a súa mellor versión sabendo que na citada rolda de cuartos recibirán no seu pavillón ao Noia Portus Apostoli da Primera División.
Dende o clube fan un chamamento a afección pontesa para que acuda ao pavillón municipal a presenzar e animar aos seus, nun encontro que promete emocións fortes e bó xogo.
O prezo das entradas para presenzar este encontro será o mesmo que para os encontros anteriores.
➡️ Socios: Gratis
➡️ Non socios maiores de 18 anos: 7 Euros
➡️ Non socios entre 14 e 18 anos: 3 Euros
➡️ Menores de 14 anos: Gratis
➡️ Pais,nais e nenos da escola do club: Gratis
Artigos relacionados
PATROCINADORES













